MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CULTURA
A elección de Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990) como homenaxeado do Día das Letras Galegas de 2020 é unha reivindicación da filoloxía, da cultura dunha lingua. Quizais, tamén un chamamento á convivencia de ideas. O gran pensador do reintegracionismo é recoñecido pola Real Academia Galega cun total de 21 votos a favor, un voto en branco e outro en contra. Despois dunha decena de veces proposto, a conmemoración do autor coincide cos 30 anos da súa morte e os 110 do seu nacemento. María Victoria Carballo Calero, catedrática emérita de Historia da Arte no Campus de Ourense, móstrase cauta. "Aínda estamos no ano de Antonio Fraguas", recorda a filla. Como anécdota, o etnógrafo foi profesor seu durante uns meses.
Dez veces proposto
"Colleume de sorpresa o nomeamento, si, pero porque levaban dez anos falando diso. Ata o final non sabía que ía ser o elixido. O protagonismo déixollo á xente que estivo sempre detrás, que o apoiou contra vento e marea. O éxito é deles e da Academia", di María Victoria Carballo Calero.
A filla do homenaxeado das Letras Galegas do 2020 conta que asistiu á confección dunha das obras polas que é recoñecido Ricardo Carballo Calero. "Historia da Literatura Galega Contemporánea". Tamén sinala a "Gramática del gallego común". "Ten sete edicións, ata que o oficialismo rexeitou a corrente que el encabezou de reintegracionismo. El consagrou a súa vida a iso. Na casa, nós somos dúas irmáns e nunca nos metimos niso. El de feito dicíame: 'Ti eres historiadora da arte, non filóloga", explica a filla.
Un debate sen liortas
"Ás veces corrixíame os textos, el escribía nunha ortografía de mínimos, pero nunca me metín nesa política. Eso si, se el chegou a iso foi por unha serie de estudos, penso que había que debatilo", argumenta a historiadora.
Ricardo Carballo Calero foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago. "Alí, nas súas aulas e nos seus escritos, defendía a súa corrente. Todos os discípulos sabían do seu pensamento, uns escollen unha opción e outros outra. Chegou a pensar que o galego e o portugués viñan dun tronco común, defendeuno con estudos científicos, pero sen liortas", recalca. Neste senso, considera necesario un debate moderado, "de iguais a iguais". "Eu non podo opinar, hai unha facultade de filoloxía moi boa e son os que saben dos criterios científicos. O que podo dicir é o que dicía el: 'o galego ou é galego-portugués ou é galego-castelán'. Compre un debate científico e moderado. Os que seguiron no reintegracionismo sentíronse maltratados durante uns anos, iso ten que superarse", di.
Galicia, por riba de todo
Con dignidade enorme e liberdade. Así recorda ao pai e profesor María Victoria Carballo Calero. "Era unha persoa moi seria, que defendía todo o relacionado con Galicia por riba de todo, penso que aínda por riba da familia. E entregou a súa vida a iso".
A súa última novela, "Scórpio", é a de maior carga emocional para a súa filla. Quedou pendente unha segunda parte nunca chegou.
Estudoso da lingua, tamén cultivou a poesía e o teatro
Ricardo Carballo Calero é a grafía que escolle a RAG para o homenaxeado, aínda que sinalan que respetan a de "Ricardo Carvalho Calero", coa que o autor reintegracionista firmaba a súa obra. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago, foi tamén membro numerario da Real Academia Galega, membro da Academia das Ciencias de Lisboa e membro de honor da Associaçom Galega da Língua. Esta última prepara un documental sobre a súa vida, unha reedición da súa última novela, "Scórpio" e unha banda deseñada sobre o homenaxeado. Aínda que destaca polos seus estudos da lingua, Carballo Calero cultivou tamén a poesía e o teatro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%