ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
O desenvolvemento de actividades docentes, investigadoras, formativas e de documentación no ámbito da responsabilidade social corporativa (RSC). Con este obxectivo presentouse este xoves na Universidade do Minho a nova Cátedra Internacional RSC Santander Galicia-Norte Portugal, unha iniciativa conxunta de Banco Santander e a Fundación Centro de Estudos Eurorexionais Galicia-Norte de Portugal FCEER, formada polas tres universidades galegas, Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela, e as portuguesas de Minho, Porto e Trás-os-Montes e Alto Douro.
Esta cátedra, cuxos eixos son a empresa, a internacionalización e a rendibilidade da RSC, impulsará o intercambio académico internacional que facilitará que profesores e investigadores de prestixio impartan cursos, conferencias e leven a cabo investigacións conxuntas. Nela establecerase un marco de cooperación académica, científica e investigadora que se configurará como un proxecto aberto a institucións educativas e culturais interesadas na RSC, no seu estudo e desenvolvemento. Entre as súas liñas de actuación estarán ademais a implementación de estudos de posgrao conxuntos, o fomento de estudos de terceiro ciclo, publicacións e a organización dun foro internacional anual, entre outras iniciativas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último