EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense concederá na súa sesión desta semana a licenza urbanística obra para a instalación dun tanatorio nas proximidades do cemiterio das Caldas, na rúa do Tinteiro, número 2. O expediente, que fora retirado da orde do día para mellor estudo da Xunta de Goberno do 17 de marzo, será presentado de novo para a súa aprobación na sesión desta semana, logo de que os informes técnicos e xurídicos fosen favorables para a concesión da licenza.
Explica o goberno municipal que “as licenzas son un acto regrado, e esta ten todos os informes favorables. Non dar a licenza non é unha opción porque sería cometer un delito, e o Concello non só incumpriría gravemente a legalidade, senón que sería condenado a aboar a responsabilidade patrimonial”.
O uso de tanatorio encaixa na clasificación que teñen estes terreos no planeamento actual, igual que acontecía co planeamento de 2003 anulado. É solo urbano consolidado, que permite este tipo de usos.
O proxecto, cun orzamento de 1,5 millóns de euros, prevé a construción dun tanatorio de tres plantas, con 2.671 metros cadrados construídos. A diferenza do proxecto que presentaran anteriormente os promotores do tanatorio, que fora tramitado en 2010, o actual reduce substancialmente a superficie construída (pasa de 4.156 metros cadrados a 2.671), baixa de 5 plantas a 3 e non incluirá crematorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último