O Concello reclamará ante o Xulgado que se lle permita acceder ao cámping de Untes
CÁMPING UNTES
Se a anterior concesionaria volve a rexeitar a petición, o Concello requerirá ante o Xulgado que se lle permita entrar para poder cuantificar os danos e os custes das reparacións precisas
Debido a que o Concello, a día de hoxe, non pode acceder a esta instalación municipal, volverá a solicitar acceso á anterior concesionaria. Se volve a ser rexeitada a petición, o Concello requirirá ante o Xulgado que se lle permita entrar para poder avaliar o estado do cámping e cuantificar así os danos e os custes das reparacións que serán precisas para a súa posta en funcionamento.
A Xunta de Goberno do pasado 20 de xullo, acordara resolver o contrato asinado polo Concello o 15 de maio de 2009 con Aspanas Termal SLU, polo que se lle adxudicara a concesión da xestión do servizo público de conservación, mantemento e explotación do cámping de Untes.
Esta situación foi abordada esta mañá cos membros da Asociación de Veciños de Untes, aos que o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Turismo, Jorge Pumar, lles explicaron a situación que existe, a día de hoxe, respecto ao cámping Municipal de Untes.
"Este Goberno non cesará no empeño de acadar a posta en marcha desta instalación municipal, co fin da súa posta en valor e da creación de emprego, dando un servizo fundamental para a proxección turística da cidade", sinala o alcalde, Jesús Vázquez, quen lembra que "xa estamos dando pasos para que todo esté a punto, como é o arranxo da senda peonil a cargo da Confederación Hidrográfica ou o acceso ao camping desde a N-120, para o que o Ministerio de Fomento xa ten redactado o proxecto e agora atópase en proceso de licitación".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DURANTE UN CONTROL
Buscan a una conductora fugada en Verín tras arrastrar a un guardia civil