MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
AGENDA
"Din que unha imaxe vale máis que mil palabras pero leva un milleiro de kilómetros decatarte de que é así", esta é unha das reflexións as que chega o ourensán Bruno Taboada González, tras cinco anos de cultivar a súa afección pola fotografía. "Percorridos" é o termo que designa a súa primeira exposición composta por 40 fotografías e que pode visitarse durante o mes de marzo no Espazo Xove de Chantada.
Unha mostra aberta ó público de luns a venres de 15,00 a 21,00 horas e que recolle nun mesmo espazo centos de pasos. Conta con fotografías tomadas en Galicia pero tamén máis aló, como en Alemaña, Escocia, Bélxica e Londres. Instantáneas que rematan incluso por cruzar o Atlántico para inmortalizar Nova York.
A exposición amosa o intre en que "cambia o teu punto de vista sobre a realidade e aprendes a ver encadres onde só había unha estrada e motivos onde só había unha habitación baleira", explica Bruno Taboada.
"A primeira vez que disparei ca cámara só pensei nos cartos que tirara. Non era tan sinxelo como semellaba", conta. Fixo falta que investigase parámetros físicos de aperturas, tempos de exposición e sensibilidade, ata que por fin chegou a primeira imaxe "decente, nada extraordinario" nas súas verbas. Unha barca aboiando xunto o muelle de Barbantes no ano 2013.
Trátase dun recorrido cronolóxico que "comprende 15 fotografías en branco e negro e 25 en cor de 30x45 centímetros de tamaño", detalla.
"Para poder dar un paso adiante, antes hai que dar dous atrás", sostén Bruno Taboada cando se lle pregunta polos seus inicios. Sen embargo, ten claro que "dende cruzar o Atlántico, durmir no chan dun aeroporto ca cámara atada ó lombo ata conducir horas sorteando ovellas e charcos, todo paga a pena por unha foto".
Polo de agora, "tan só son un afeccionado. Gustaríame ser capaz algún día de facer algo o suficientemente bo", afirma. E para elo, só hai un camiño, "esforzarse e facer fotos".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%