MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
Cultura
O 25 de xuño de 1949, Ricardo Carlvalho Calero confiáballe a Ramón Otero Pedrayo que había tempo que non escribía: "A penuria e inseguridade da miña vida económica, cada intre máis urxentes, obríganme a me abster de todo traballo que non poida trocar en diñeiro". É das primeiras cartas que os dous intelectuais comezaron a enviarse, cando o ferrolán saíra da cadea e subsistía como profesor. A Real Academia Galega reúne agora, nun volume inédito, 167 misivas escritas entre 1949 e 1974. "Un diálogo entre dous grandes da cultura galega", din os académicos.
"Polos camiños das horas. Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo" é o título do libro, que engade por primeira vez as cartas que recibiu o protagonista do Día das Letras Galegas 2020 de parte de Otero Pedrayo.
As misivas que o ferrolán enviou ao ourensán custodiábanse na Fundación Penzol. "O epistolario permite afondar na relación que retomaron trala Guerra Civil, mais ofrece tamén información de primeira man para coñecer a intrahistoria da cultura de Galicia e de institucións como a Universidade de Santiago", din desde a academia. Os textos están editados por Patricia Arias Chachero, Adrián Estévez Iglesias e Nélida Cosme. O académico Henrique Monteaguado coordina o estudo. "As cartas falan alto e claro da entrega e compromiso destes dous intelectuais naqueles difíciles anos de renacer cultural", sinalan Chachero e Estévez.
O académico Xesús Alonso Montero participou na presentación do epistolario, onte no Parlamento de Galicia. "Emociona este 'nós', con música de Preguerra e non alleo ó Nós da revista Nós. Estamos ante unhas palabras non exentas de contido político galeguista", dixo. No acto tamén se fixo referencia a xeración Nós e a revista centenaria que imprimiu os seus primeiros números en La Región.
Nunha das cartas, o intelectual ourensán laiase do estado de saúde de Castelao: "Teño unha fonda pena. Váisenos o símbolo, o consolo do noso vivir e mocidade".
O presidente do Parlamento galego, o ourensán Miguel Santalices, destacou aos dous autores como "pais e precursores da Galicia autonómica de hoxe". Aplaudiu o volume como "unha excelente radiografía que tenta evocar con tenrura un tempo, unha xente e unha relación leal, pero sempre cerimoniosa". Victor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, salientou a "intrahistoria" das misivas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%