EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
CONGRESO ITNERNACIONAL
O seu carácter efémero e a súa desprotección de tutela de conservación, son os trazos máis salientables da arte urbana, unha manifestación artística contemporánea independente, que converte o espazo público no que se produce nun lugar para a experiencia e o diálogo artístico-social. Dentro do amplo abano de expresións que se encadran na arte urbana, nos últimos anos estase a potenciar unha modalidade comisionada ou regulada, ben por administracións públicas, movementos artísticos ou sociais, no que se encadra o muralismo contemporáneo.
Aínda sen etiquetar, en canto a súa protección, tutela e carácter (efémero ou non), estes murais estanse a multiplicar no marco de festivais de arte e proxectos de conservación urbana, mesmo en cidades e localidades galegas como Vigo, Ordes, Carballo, Pontevedra e A Guarda. Precisamente, 13 murais pictóricos creados no marco de festivais (Rexenafest de Carballo ou Desordes Creativas de Ordes) ou por iniciativa das administracións (Derrubando muros con pintura de Ordes ou o proxecto de NUVIandEXFICO para o espigón do porto de A Guarda), nas urbes e vilas antes citadas, serán estudadas por un grupo de investigadoras e investigadores e alumnado da Escola de Enxeñaría de Minas de Enerxía da Universidade de Vigo, ao abeiro do proxecto internacional CAPuS, Conservation of Art in Public Spaces.
Cun financiamento de preto dun millón de euros, con cargo á acción KA2 Eramus + da Unión Europea Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas, CAPuS agrupa a centros públicos de investigación e educación, administracións, ONG,s, empresas do sector da conservación do patrimonio e fabricantes de produtos de conservación de seis países: Italia, Croacia, Alemaña, Polonia, EEUU e España.
Teresa Rivas, que xunto aos tamén docentes e investigadores da EE de Minas e Enerxía, Santiago Pozo e Javier Taboada, e o egresado Enrique Alonso, integra o equipo da Universidade de Vigo que participa no proxecto, explica que “CAPuS ten dous obxectivos: definir e validar procedementos de documentación, intervención directa e conservación preventiva para arte urbana e crear, con todo este coñecemento, un módulo de formación e-learning de acceso libre para as diferentes titulacións académicas e profesionalizantes no ámbito da educación superior”. CAPuS é ademais a primeira iniciativa internacional que busca sumar esforzos e capacidades de diferentes ámbitos académicos e profesionais para dar resposta ás e aos profesionais da conservación e a restauración sobre como actuar en relación coa arte urbana.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último