MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CULTURA
A coral De Ruada continúa coa súa xira por México. O luns pola mañá, os membros da agrupación aproveitaron para facer unha excursión a Cholula, visitar as igrexas de San Francisco Acatepec e Santa María Tonantzintla e despois a pirámide de Tlaxcala. Xa pola tarde, a coral De Ruada ofreceu un concerto de música popular e polifónica galega na Igrexa Parroquial de Santa Clara de Asís, no casco histórico de Puebla, organizado polo hosteleiro Manuel Domínguez, orixinario de Ribadavia, coa colaboración do Concello.
A parroquia de Santa Clara de Asís está a cumplir os 101 anos de idade. Foi reconstruída en 2017 despois dun terremoto e venera, nun dos seus altares, ao “Santo Niño Médico”. Estaba ateigada de xente que gozou do concerto e que o manifestou con emocionados e entusiastas aplausos e peticións doutras cantigas. A presidenta da coral De Ruada e o párroco de Santa Clara de Asís intercambiaron agasallos ao remate do concerto.
Como xa pasou nos dous días anteriores, foron moitos os paisanos que se chegaron aos ruadistas ao remate do concerto para felicitalos e facerse fotos con eles. Dáse a curiosa circunstancia de que moitos deles estiveron con De Ruada os tres días e manifestaron a súa intención de acompañarnos hoxe tamén na Catedral.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Galería | 700 kilos de sabor y anguilas para mantener viva la Festa da Anguía, en fotos
CHOQUE INSTITUCIONAL
La Xunta insiste en traspasar de forma consensuada la AP-9