ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu onte a xornada “Traballadoras especialmente vulnerables. Discriminación múltiple e interseccional na lei 15/2022”. A actividade “pretende proporcionar ao alumnado unha formación complementaria á dispensada no marco da docencia tradicional sobre a discriminación múltiple e interseccional da muller, que comporta a súa maior vulnerabilidade no acceso e mantemento do seu emprego cando concorren na mesma traballadora varias causas de discriminación”.
As mulleres, sinalaron dende a organización, “resultan especialmente vulnerables cando á discriminación por razón de sexo engádeselle calquera outra das causas de discriminación previstas na lei, como a maior idade, a raza, etnia, relixión ou crenzas ou a discapacidade”.
Yolanda Maneiro, profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC, falou do concepto de interseccionalidade e da discriminación da muller de idade madura. Susana Rodríguez, catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidad de León, ofreceu a conferencia “Muller e discapacidade: discriminación múltiple, barreiras e alternativas”.
Fernando Lousada, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e profesor de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade da Coruña, abordou a interacción da liberdade de relixión ou crenzas, raza e etnia coa non discriminación por razón de sexo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último