A Deputación de Ourense participa na dixitalización das pemes
A Deputación anunciou a súa colaboración no programa formativo "Ourense Dixital Pemes" para impulsar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas da provincia. Destináronse 300.000 euros en axudas para diversos proxectos municipais, incluíndo un cambio de obras para o Concello de Toén
A Deputación debullou onte a súa colaboración no programa formativo “Ourense Dixital Pemes” ante xerentes, directores e responsables de recursos humanos de pemes ourensás de entre 10 e 249 traballadores. O Centro Cultural Marcos Valcárcel albergou a xornada de presentación deste plan, que persegue impulsar a transformación dixital do tecido empresarial da provincia. “Trátase de axudar ás pequenas empresas a formar aos seus directivos”, explicou a vicepresidenta primeira da institución provincial, Marta Nóvoa, “para que os seus negocios sexan máis competitivos e produtivos nun entorno que cambia constantemente a medida que a tecnoloxía evoluciona”.
300.000 euros en axudas
Dentro da actividade da Deputación, a Xunta de Goberno aprobou onte destinar 302.541,74 euros a colaborar en diversas obras e proxectos con concellos. Ademais, deu luz verde ao cambio de obras ás que o Concello de Toén adicará os fondos do Plan CooperOU, que suman case 150.000 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BAJÓN EN EL COMERCIO EXTERIOR
El caos arancelario de Trump le cuesta seis millones al comercio ourensano en exportaciones
Lo último