CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
ROBO EN OURENSE
Segundo informou a Policía Nacional, os feitos que motivaron a detención aconteceron sobre as 5,00 horas do domingo cando uns veciños informaron á Sala do 091 da Comisaría Provincial de Ourense da posible presenza dun home no interior dunha casa, aproveitando a ausencia dos seus moradores.
Varias dotacións policiais desprázanse ao lugar e, no momento da súa chegada, observaron como saía correndo do devandito inmoble un home, o cal tratou de darse á fuga.
Esta persoa foi interceptada aos poucos metros de lugar dos feitos, segundo indicou a Policía. Nun rexistro das pertenzas que portaba achóuselle unha panquiña escondida no interior da manga da súa chaqueta.
As dotacións actuantes puideron comprobar, ademais, que o domicilio do que fuxía presenta forzada e fracturada unha porta dun balcón traseiro. Ante estes feitos, procedeuse á detención desta persoa como presunta autora dun roubo con forza.
O detido é un home de 34 anos de idade veciño da cidade de Ourense, ao que lle constan cinco detencións anteriores, algunhas da cuales tamén foron con ocasión da presunta comisión de roubos con forza en vivendas.
O detido pasou a disposición xudicial na mañá deste luns, tras o que quedou en liberdade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
Lo último