ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
VERÁN CULTURAL
O Concello de Barbadás organiza unha decena de espectáculos de maxia, música, circo e teatro no marco do Verán Cultural. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a tenente de alcalde, Victoria Morenza, e a concelleira de Cultura, Ana Belén Peleteiro, presentaron onte a programación deste ciclo que se desenvolverá ata agosto no Parque dos Patos da Valenzá.
O rexedor salientou “a importancia de sacar a cultura á rúa, que é precisamente o que pretendemos dende o Concello”, e puxo en valor o acto programado con motivo do Día da Diversidade LGTBI. Morenza insistiu no “espazo privilexiado” do Parque dos Patos, “no que se habilitarán cadeiras” para os espectáculos, mentres que Peleteiro destacou que o Verán Cultural ofrecerá propostas “frescas e variadas para involucrar a toda a poboación, porque a cultura non colle vacacións”.
A axenda de eventos arrincará o 26 de xuño co Concerto da Banda Infantil de Música de Barbadás. O espectáculo comezará ás 21,00 horas, do mesmo xeito que o resto da programación. O 27 de xuño, será o turno da Banda de Música Cultural de Barbadás, mentres que o 28 de xuño tocará o Grupo Guezos polo Día da Diversidade LGBTI.
O circo Amontonados por Azar despregará o espectáculo “H2Olga” o 4 de xullo. O 11 de xullo, Carolina Rubirosa levará a súa música nun concerto acústico. O 18 de xullo chegará o ciclo Culturactiva con “Máis sabor”, antes de que o circo regrese o 1 de agosto: a compañía Marta Iglesias ofrecerá “Hoxe si”. O 8 de agosto haberá teatro a cargo de Pedras de Cartón, que interpretarán “Quixote”. O 22 de agosto, Joshua Kennet xogará coa maxia en “Degustación de imposibles na rúa”. O grupo Gin Toni’s pechará a programación cun concerto no mesmo lugar, o Parque dos Patos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último