EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
PREMIOS ALECRÍN
Galicia é un deses países que se constrúe tamén desde fóra. Os premios Alecrín, que entrega a Federación de Entidades Galegas en Cataluña (Fegalcat), recoñecen precisamente a aqueles que "traballaron arreo e abriron unha porta dende a que espallar a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa tradición", precisa Domingo Balboa, o presidente dunha entidade que representa a máis de 10.000 galegos instalados máis preto do Mediterráneo que do Atlántico.
A diáspora catalana leva anos convertindo os Alecrín nunha louvanza ao mérito. A gala que se celebrará mañá xoves, día 11, no Liceo de Ourense premiará á Real Banda de Ourense no eido da música e a Charo Álvarez, Antón Lamazares e ao propio Liceo, no da cultura. Pero non só, a Federación tamén quere ampliar o abano ao resto da sociedade civil e institucional. Por iso gaba a labor empresarial da Conserveira Bateamar e a "cercanía" do presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, cos emigrantes de Cataluña. La Región Internacional, o periódico pioneiro en España destinado aos emigrantes, obterá unha distinción polo medio século de traballo a prol da comunidade galega no exterior, e o clube de baloncesto Obradoiro de Santiago, por representar a Galicia na elite do baloncesto español.
O evento será presentado por Xosé Manuel Piñeiro e Manuel Valdés, o conductor dun programa mítico na radio de Barcelona, "Lonxe da Terra", íntegro en galego. María do Ceo e Marcos Foxo porán a música ó evento.
"Facer país"
O Alecríns son tamén un instrumento para "visibilizar" o que se pode facer alén do Padornelo. "Estamos traballando por nós, porque penso que é un xeito de facer país. Facemos moito con poucos medios, sacrificándonos entre todas as entidades por dar a coñecer a nosa terra", asegura Balboa, que ve que as casas da emigración en Cataluña, unha auténtica malla de asociacións, "podían estar mellor". Os apoios de antes non son os de agora. Especialmente ven unha disminución da contribución que fan as institucións catalanas. Balboa cifra nun "dous ou tres por cento" as achegas para engrasar o motor das entidades, organizar actos, cursos de formación e xuntanzas comunitarias. De aí que os Alecrín procuren ser unha homenaxe ao traballo propio en terra allea. As novas xeracións viven "doutro xeito completamente distinto" a experiencia de estar fóra. Non son alleos as súas orixes, pero no mundo das comunicacións as distancias xa son moi relativas. O mundo cambia, pero máis de catrocentas familias en Cataluña tentan todos os anos que, aínda que a casa sexa outra, sempre haxa un fogar preto ao que recorrer. Un Alecrín tamén para eles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
TRAS LOS RESULTADOS EN LAS ELECCIONES
Dimite Gallardo, secretario general del PSOE de Extremadura, y una gestora se hará cargo hasta el próximo congreso
COMITÉ PROVINCIAL
Dimite la presidenta del CEP de Vox Ourense por "proyectos personales"
TRANSPARENCIA Y REGENERACIÓN
Las cinco propuestas del líder del PP, Alberto Núñez Feijóo, para "reparar institucional y moralmente a España"