EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
A avogada Yolanda Ferreira, en compañía doutro letrado, presentarán este mércores ante os xulgados do Contencioso e de Instrución de Ourense un escrito para solicitar a suspensión da orde de expulsión inmediata da muller de orixe rusa, Vera R., por estar pendente de xuízo. A muller foi denunciada por axentes policiais que a acusan dunha suposta simulación de delito, semanas despois de que o xulgado arquivase a denuncia presentada por ela por violación a mans de dous homes.
Ferreira explicou a Europa Press que neste caso colabora coa fundación Aspacia, de atención a mulleres vítimas de violencia sexual en Madrid, que coñeceron o caso de Vera R. cando foi ingresada por orde xudicial no Centro de Internamento de Estranxeiros de Aluche (Madrid), xa que tiña aberta unha orde de expulsión dende o ano 2010 emitida pola subdelegación do Goberno de Málaga.
'Ten parella estable e traballo coidando un matrimonio', detallou a letrada, que recordou que en marzo de 2013 presentou 'unha denuncia por agresión sexual avalada con informes médicos forenses e outro do servizo de atención á muller da comisaría do Corpo Nacional de Policía'.
Non obstante, a denuncia da muller non contou con atestado policial sobre a posible agresión sexual e o xulgado de instrución número 1 acordou o 'sobresemento provisional sen tomar siquiera declaración á denunciante', critica a letrada.
ORDE DE EXPULSIÓN
A orde de expulsión, segundo Ferreira, pillou os avogados e a afectada con todo o proceso a medias, mentres esperan informes periciais psicolóxicos e outros para pedir a reapertura o arquivo da causa por violación.
'Neste momento nin sequera sabemos exactamente que acontecerá con ela, pois durante unha visita á súa compañeira no calabozo, a policía lle dixo a súa parella que a levarán a Madrid para enviala nun voo de volta a Rusia, pero ao seu avogado de oficio durante o proceso xudicial anterior explicáronlle que volverán enviala o CIE de Aluche, algo que non sería lóxico', indicou a letrada.
A última hora da tarde deste martes Ferreira prepara os documentos precisos para presentar a solicitude ante os xulgados para que se paralice a orde de repatriación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador