TIEMPO EN LA PROVINCIA
Lluvias y tormentas sitúan a Ourense en aviso amarillo
Obituario
Estás de vagar. Tranquilo. Abres, por pasar o tempo, Facebook. Ves todo tipo de apuntes e, de súpeto, quedas conxelado sen ter que botarlle a culpa a Filomena. Entéraste do pasamento dun amigo!
A moitos/as non lle soará o nome de Eduardo Luis Nóvoa Estévez, veciño de vello da Praza do Ferro. Se cadra, se digo Tatá, como era coñecido, agora xa resulta máis próximo. Mais estou seguro que a veciñanza de Ourense lembra as publicacións editadas por Publicidad Rádar por mor das festas maiores da cidade. El era un dos artífices.
A empresa estivo no andar superior a Calzados Celestino, á beira de Tobaris, no Paseo, onde hoxe hai unha tenda de moda. Alí comezou traballando co seu pai e logo el só.
Era habitual velo coa súa axenda na man buscando empresas que quixeran publicitarse. A súa labia acadaba que as publicacións estiveran ateigadas de anuncios así como colaboracións.
Sei que Eduardo, Tatá, amigo dende nenos e da mesma a idade, andará agora a cen para buscar anuncios e escritos para poder editar unha boa publicación alí onde estea, das festas nas estrelas. Síntoo ben! Unha aperta á familia e amigos/as.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TIEMPO EN LA PROVINCIA
Lluvias y tormentas sitúan a Ourense en aviso amarillo
PRIMER SEMESTRE DE 2026
Cae la firma de hipotecas en Ourense, pero aumenta el capital prestado
UN MILLÓN DE EUROS
La Diputación de Ourense moderniza los campos de Esgos, A Peroxa y Pereiro
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy miércoles, 26 de agosto
Lo último
SEIS MESES PARA CAMBIAR DE OPINIÓN
Casi una veintena de bebés fueron entregados al nacer en Ourense en la última década
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
España ante un nuevo orden mundial
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XLIV)
Galería | Comunicación de guerrilla
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Da ingua á ponte das cepas