ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
HORTALIZA XIGANTE
Elba González Limia asegura que non vira tal cousa nos seus 89 anos de vida. Esta veciña de Puga ten na súa horta unha cabaza de case un metro de longo e anda preto dos 90 centímetros de diámetro. "É a primeira vez que me sae unha tan grande, pero este ano tamén tiven dous tomates na mesma ramiña e cada un pesaba quilo e medio", conta.
Parece que a terra na que cultiva Elba as súas hortalizas ten algo especial. Preguntamóslle polo seu truco. "Sede non pasaron, regueinas todo o verán". O exemplar, que xa comeza a estalar, está agora colocado sobre un palé de madeira para evitar que pudra. Pero non foi tarefa fácil. "Teño un neto de dezaoito anos, un 'muchacho' fuerte, e tiven que axudalo eu coa pouca forza que teño", lembra.
Polo de agora, Elba vai deixar que o froito medre, pero xa pensa en facer unha crema de cabaza coa que, sen dúbida, podería convidar a todo Puga. "A verdade é que si!", admite entre risas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último