CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
Axenda Cultural
As persoas que integran o colectivo dial levan organizando, os últimos dous anos, unha festa mensual en diferentes espazos da cidade, principalmente vinculados coa electrónica. O vindeiro evento, "Who is in?", será especial, pois dial vai camiño de convertirse nunha asociación cultural. "Levaranos un mes máis ou menos facelo efectivo. Isto supón para nós un cambio para mellor, gañar visibilidade e facer un tipo de evento que teña repercusión no público ourensán", explica Santi Covela, de dial.
O sábado, día 22 de setembro, este colectivo organiza "Who is in?", unha xornada gratuíta de música electrónica, desde ás 12,00 ata ás 23,00 horas. "Eliximos o sitio -paseo do río Barbaña, debaixo da Praza de Abastos-porque é un espazo amplo, de acceso fácil e preto do centro", conta Covela. Entre os artistas que pincharán están Inês Duarte, "residente do Lux Frágil, un clube de referencia da electrónica en Portugal".
A dj Inês Duarte
O outro dj internacional convidado ao evento é Grant, un francés asentado en Berlín, que leva moitos anos na escena musical europea, e que nos últimos anos está a coller máis popularidade. "Explícamoslle a escena que hay en Ourense, que isto non é Ibiza, pero eu penso que lles pica a curiosidade por saber o que facemos", di Covela. O cartel complétano Kresy, que repite na cidade, e o catalán Phran. Sen olvidarse dos ourensáns, asiduos neste eventos, coma You_el ou Psychodandy- o propio Covela-.
A festa non rematará ata as 5,00 horas do domingo, porque "Who is in?" seguirá no local La Isla, onde actuará un dos artistas convidados. Desde dial, animan a acudir a este evento a "toda a xente que teña curiosidade" e poida ter unha idea equivocada do que é a electrónica: "É un ambiente que acostuma estar relacionado con drogas, cunha imaxe escura, pero no queremos mostrar que esta é unha contorna sá".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
Lo último
expansión empresas
Abrir una empresa en Singapur, desde 220 euros: todos los pasos y requisitos
MEDIO CENTENAR DE PEZAS
A Cidade da Cultura en Santiago inaugura a exposición “Ser Noutras”