BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil
Enrique Manuel Neira Pereira foi designado onte coma o gañador do XXVII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais pola súa obra “Do aritmómetro á computación cuántica. Como as máquinas de cálculo, informáticas, robóticas e de comunicación transformaron Galicia nun século e medio”.
O xurado (composto por Teresa Devesa, Xaquín Vázquez, Carmen Villarino, Xosé Henrique Costas e Isabel Mociño) valorou deste traballo que se trate “dunha historia que aposta pola modernidade e polo futuro dende Galicia. Unha panorámica da contribución das galegas e galegos ao avance das máquinas calculadoras, da programación informática, da robótica, dos satélites e da intelixencia artificial, todo isto encadrelado con abondosas referencias literarias”.
Do mesmo xeito, os integrantes do xurado tamén consideraron merecente de accéssit a obra “Sobreviver na palabra escrita a trajetória intelectual”. Ademais, manifestaron que “todos os traballos presentados a esta edición contan cun alto nivel de calidade e que, en aplicación das bases do certame, só se valoran aqueles se axeitan ás bases: anónimos e inéditos en calquera formato”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BUM DE JUBILACIONES
La mitad de vacantes por jubilación en Ourense no tendrán repuesto juvenil
PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
RÉCORD DE TRABAJADORES
Los extranjeros asumen dos de cada tres nuevos empleos en Ourense
Lo último
PROCESIÓN DE LAS ANTORCHAS
Ourense iluminó el paso de la Virgen de Fátima
Manuel Orío
RECORTES
Sobre la Guardia Civil