O enxeñeiro que levou a Universidade á Escola Naval
UNIVERSITAS
José María Pousada, director do CUD, será premiado na XX Noite Galega das Telecomunicacións
"As TIC (Tecnoloxías de Información e da Comunicación) están en todas partes, son ferramentas ao servizo de calquera ámbito social ou profesional", destaca o enxeñeiro de Telecomunicación e director do Centro Universitario da Defensa (CUD), Jose María Pousada.
Precisamente pola súa contribución á difusión das TIC, o Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia entregaránlle, o vindeiro venres 25 de setembro, o premio Enxeñeiro do Ano 2015 a este profesor da Universidade de Vigo, que en 2009 asumiu o "reto profesional" de pór en marcha o centro universitario da Escola Naval Militar de Marín. Precisamente, a escola celebrou o venres o inicio dun novo curso para os 312 estudantes que aspiran a converterse ao mesmo tempo en oficiais da Armada e graduados e graduadas en Enxeñaría Mecánica pola Universidade de Vigo.
Nesa "transversalidade" que as fai estar presentes en calquera ámbito da sociedade, "da medicina ao propio mundo militar", sitúa Pousada a importancia dunhas tecnoloxías a cuxo desenvolvemento nas últimas décadas en Galicia contribuíron en gran medida os titulados e tituladas formados na Escola de Enxeñaría en Telecomunicación, da que foi director entre 2003 e 2009. "Hai enxeñeiros e enxeñeiras en Telecomunicación por todos lados", sinala este docente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
Lo último
Guerra en Ucrania
Zelenski pide más medios aéreos ante el recrudecimiento de la guerra
V PLENO DEL VIII MANDATO
El V Pleno del CGCEE inicia en Madrid su última reunión del mandato