EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
DANZA
A Escola Municipal de Música e Teatro de Ourense, dependente da Concellería de Educación, acolle un ano máis no seu salón de actos o programa didáctico de danza contemporánea "En Escena", moi demandado polos centros de ensino da cidade. Terá lugar os días martes 7, mércores 8 e xoves 9 de novembro ás 11,00 horas coa participarán de 340 alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Educación Primaria de 9 centros: CEIP O Couto, CEIP Virxe de Covadonga, CEIP Seixalbo, CEIP Vistahermosa, CEIP As Mercedes, CPR A Purísima, CPR Concepción Arenal, CPR Luis Vives e CPR Padre Feijóo.
A concelleira de Educación, Belén Iglesias, considera que "todas actividades que impliquen movemento, ritmo, música e expresión corporal son realmente necesarias para conseguir que os nenos e nenas descubran por si mesmos a súas capacidades artísticas e interpretativas".
"En escena", cunha duración de 75 minutos, comeza cunha breve presentación dos principios básicos da danza seguida dunha explicación práctica de como funciona un espectáculo de artes escénicas. Posteriormente actuarán senllos dúos de danza contemporánea interpretados polos membros da compañía SóLODOS e, finalmente, levarase a cabo un obradoiro no que os nenos e nenas serán os principais protagonistas: "todos os asistentes terán a oportunidade de subir ao escenario e facer unha pequena coreografía acompañada dunha música e dunha iluminación axeitada", adianta a responsable da área de Educación.
Os obxectivos que persegue a Concellería con este programa son os de dar a coñecer a disciplina artística da danza e animar os alumnos e alumnas a practicala, xa que é un exercicio moi completo e saudable. O profesorado ten á súa disposición unha unidade didáctica elaborada pola Concellería de Educación para preparar a actividade previamente na aula.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)