Os escolares dan exemplo na “loita pola igualdade”
O CIM de Santa Agueda premia tres traballos de rapaces sobre a muller
O Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Santa Águeda, localizado en Vilamarín, acolleu onte a entrega de premios da quinta edición do Concurso de Debuxo Infantil, un certame no que se enxalza a figura da muller a través dos traballos realizados polo alumnado de primaria e infantil dos colexios da zona.
Os tres alumnos recoñecidos polo seu traballo foron: Isabel Malvido, alumna colexio da Peroxa, Martín Vázquez, alumno do colexio de Cambeo e Elea Carida, alumna do colexio de Amoeiro. Os tres recibiron un lote de material de pintura, libros e xogos como premio.
O acto contou ca presenza do delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, e dos alcaldes da zona: Amador Vázquez, de Amoeiro, José Luis González, de Coles, Manuel Rodríguez, e Manuel Seoane da Peroxa.
No acto, o delegado territorial fixo fincapé na calidade e orixinalidade dos traballos nesta edición do concurso, e trasladou os parabéns aos galardoados e ao resto de participantes, ao tempo que recalcou que as obras presentadas “son un moi bo exemplo e unha mostra de que temos unha mocidade comprometida coa igualdade de xénero e o bo trato”.
Manuel Pardo subliñou que o obxectivo desta actividade, enmarcado no Día Internacional das Mulleres, celebrado o pasado 8 de marzo, é reforzar a sensibilización e prevención neste eido, poñendo o foco nos máis pequenos e a súa contorna. Ademais, sinalou que é importante que este tipo de iniciativas cheguen aos municipios máis rurais.
Neste sentido, lembrou que un dos piares da Xunta de Galicia neste eido é a sensibilización das xeracións máis novas, polo que trasladou o compromiso da Administración autonómica por seguir traballando na igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MANIOBRA ANTIRREGLAMENTARIA
Piden casi 7.000 euros al acusado de provocar el vuelco de un coche en Untes al adelantarlo
LOS MOTORES GANAN A LOS VECINOS
El parque móvil supera al padrón de vecinos en 71 municipios de los 92 municipios de Ourense
ESTRENO DE PARQUE MULTIAVENTURA
Parque Acuático de Monterrei 2026: nuevas atracciones, fechas y precios para este verano
Lo último
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Na procura de Fernández Mazas
Afonso Vázquez-Monxardín
Ourense termal, termal
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 13 de junio