O escultor Manuel Buciños recibe o sábado o Premio Trasalba
A Fundación Otero Pedrayo entregará este sábado o Premio Trasalba 2020 a Manuel G.Buciños. Este acto, que fora adiado pola pandemia, celebrarase ás cinco da tarde coa presenza exclusiva de familiares e achegados, membros da fundación e medios de comunicación. Buciños é o galardoado nesta edición tras adicar toda unha vida a esculpir ducias de pezas, conformando un estilo propio ben definido e posicionándose como un dos principais renovadores da arte galega contemporánea.
Ademais, durante o mesmo día e tamén en Trasalba, levarase á cabo ás 18,30 horas unha reunión ordinaria do pleno do patronato da fundación, onde figura entre os puntos da orde do día a elección do seu novo presidente. Ámbalas dúas actividades celebraranse ao aire libre ou no seu salón de actos en función da climatoloxía.
Xaquín, o primeiro
A Fundación Otero Pedrayo, creada por mandato testamentario do propio escritor galego, encárgase de manter e difundir o legado deste autor e os demais persoeiros da xeración Nós, coma Losada Diéguez, Castelao e Vicente Risco. Co premio Trasalba, unha das súas principais iniciativas, veñen recompensando ininterrompidamente a traxectoria de diversas figuras da arte desde 1983, cando foi premiado Xaquín Lorenzo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EN LA AUDIENCIA PROVINCIAL
A juicio, el funcionario de Xinzo acusado de ser el cerebro de una narcobanda
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
SUBESTACIÓN DEL BARBAÑA
Un elevado “peaje” eléctrico en la Alameda de Ourense