ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
UNIVERSITAS
Propor melloras e novas ideas que poidan servir ao grupo audiovisual Atresmedia para potenciar a súa comunicación a través das redes sociais. Ese é o propósito que rexerá o traballo que ao longo dos próximos meses desenvolverá un grupo de seis alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, baixo a coordinación do profesor Alberto Dafonte, no marco do Proyecto Mañana deste grupo audiovisual. A compañía busca "preguntar á xente nova que farían eles se estiveran no lugar" dos directivos do grupo. Así llo explicou o presidente de Atresmedia Cine, Mikel Lejarza, que se reuniu cos participantes nunha iniciativa na que, por primeira vez, está representada unha universidade galega, grazas ao convenio asinado nesta xornada polo reitor, Salustiano Mato, que amosou o seu desexo de que esta iniciativa sexa "unha primeira aproximación, un comezo para os moitos proxectos que podemos facer xuntos".
Segundo explicou a decana do centro, Emma Torres, foi o propio grupo audiovisual o que seleccionou á facultade para tomar parte na quinta edición deste proxecto docente de innovación, ao que tamén concorren as universidades de Málaga e Navarra, a Pompeu Fabra de Barcelona e a Juan Carlos I de Madrid. "Para nós, é unha grande oportunidade, que sigue na liña que vimos mantendo de fomentar un traballo directo coas empresas e co sector, para que o alumnado teña unha experiencia global, académica e profesional, na súa formación", salientou Torres.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último