GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
O programa do certame, que empeza o xoves, inclúe a artistas como Miguel Brieva e Juanjo Sáez
O mellor da banda deseñada do panorama español darase cita na cidade do 1 ó 18 de outubro. Artistas de recoñecido prestixio, como o sevillano Miguel Brieva -que presentará no Museo Municipal a súa exposición Sobras maestras, que inclúe as súas colaboracións en El Jueves, El País e a revista Rolling Stone-, o catalán Juanjo Sáez e o ourensán David Rubín mostrarán os seus traballos nas XXI Xornadas de Banda Deseñada, que onte foron presentadas na Casa da Xuventude. Oscar Iglesias, un dos coordinadores das xornadas, salientou que Brieva sempre está a facer crítica social ou denuncia sobre o mundo occidental ou o consumismo.
Como novidade nesta edición, a sala Alterarte do Campus albergará algunhas das iniciativas do programa, como é a mostra Fanzine Enfermo, segundo explicou o director da Casa, Benito Losada. Ademais, este sábado, 3 de outubro, a partires das 12 do mediodía, terá lugar nesta sala o Encontro de Banda Deseñada, con mesas redondas nas que participarán os autores das exposicións.
Outra das peculiaridades desta edición será a exposición All-Girlz, que mostra o traballo realizado por diversas autoras (todas mulleres) portuguesas. Nunha expresión artística na que a participación feminina é escasa, as ilustradoras estarán representadas nesta exposición den de un estilo independentista ata ó manga, explicou outro dos coordinadores das xornadas, Henrique Torreiro.
Torreiro e Iglesias sinalaron que os principais obxectivos do certame son mostrar novos valores ou antigos dende novas perspectivas. O cinema será tamén un polo de atracción. Proxectarase o filme de animación Valse con Bashir.
O xoves, ás 12.30 horas, El Patito Editorial recibirá na Casa da Xuventude o Premio Ourense de Banda Deseñada, outorgado pola Casa da Xuventude e a Concellería de Cultura. A estatuiña deseñada por Manolo Figueiras pretende premiar a aposta da editorial pola publicación de banda deseñada dende Galicia e en galego. No mesmo acto entregaranse tamén os premios do Certame GZcrea 2009, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A exposición das obras premiadas inclúe o primeiro premio (Brais Rodríguez), o segundo (Diego Campos) e o terceiro (Laura Velasco), ademais da obra seleccionada de Miguel Ángel Rocha. A edición deste ano das Xornadas conta cun orzamento de 11.000 euros e programa para o sábado o Laboratorio Galego de Banda Deseñada Experimental, no que poderá participar calquera autor. O programa completo das xornadas pode consultarse na páxina web www.casaxou.com/bd.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
PRIMERA PRUEBA DEL AÑO
“Cohete” Suárez gana el Rally de la Nucia tras pinchar Jorge Cagiao
SÉPTIMO EN AÑO Y MEDIO
Cuba sufre segundo apagón total en menos de una semana