EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
ANIVERSARIO
No outono de 1990, a que fora a sede do antigo Fogar Provincial de Pontevedra, na rúa Sierra recibía aos primeiros alumnos e alumnas de Belas Artes, unha titulación que botaba a andar ao mesmo tempo que a propia Universidade de Vigo. 25 anos despois, tanto a institución académica como a Facultade de Belas Artes, emprazada desde hai xa dúas décadas no antigo cuartel de San Fernando, conmemoran este 2015 o seu primeiro cuarto de século de historia.
Unha efeméride que este centro do campus pontevedrés celebra hoxe venres abrindo as súas portas á cidadanía e aos artistas e as artistas forxados no seu interior ao longo de 25 anos. "A nosa idea fundamental é visibilizar o que fai a facultade entre a sociedade", salienta a actual decana, Silvia García, dun programa de actos no que ás lembranzas do percorrido realizado e ao debate sobre o futuro súmanse visitas guiadas ás instalacións, un mercadiño de creacións artísticas ou a estrea dunhas novas vitrinas expositivas na entrada do centro.
"Sodes os que máis nos axudades a facer o que aspiramos a facer, que é que a xente nos queira". Con estas verbas pechou o reitor, Salustiano Mato, o acto institucional co que tamén se pechou a xornada de celebración nun salón de actos que estreaba unha renovada imaxe, froito da intervención artística que un grupo de estudantes realizou baixo a coordinación da profesora Almudena Fernández e coa colaboración da empresa Plymouth.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último