ACCIDENTE DE TRÁFICO
Noche accidentada en Ourense: un herido en una colisión y un atropello a un jabalí
nnn As restricións impostas na provincia continuarán vixentes ata este venres, como mínimo, tras o incremento de casos detectado nas últimas xornadas. As autoridades sanitarias manteñen a vista posta en Verín, Carballiño e na cidade, así coma na evolución dos gromos detectados nas residencias de Barbadás e Ribadavia. Félix Rubial, xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, agarda que nos próximos días as medidas dean os seus froitos e a provincia experimente non só a contención do virus, senón tamén o decrecemento da curva.
Pese a mellora das últimas semanas, a curva crece de novo.
Esta fin de semana déronse dous elementos na provincia: por un lado, os gromos das residencias e o seu impacto no número de casos, e por outro, houbo un pequeno incremento de casos xeneralizado. Dende o punto de vista epidemiolóxico, pode explicarse porque se cumpliron dúas semanas da ponte longa (12 de outubro), polo que parte dos contactos se puideron producir nesas datas.
Por zonas, Carballiño mellorou, pero en Verín a incidencia segue aumentando.
Contemplamos con satisfacción a evolución da comarca de Carballiño, sobre todo do concello, que por quinto día consecutivo experimenta unha diminución dos casos. Pero en Verín, pese a ter as mesmas medidas restrictivas, non vemos os mesmos resultados. Non aumenta de maneira abrupta, pero a situación é de estabilidade tendente ao crecemento.
E na cidade?
A tendencia decrecente reverteu, aumentou incluso, aínda que hoxe (onte) volve baixar. Por tanto, eu creo que houbo un periodo de "stand-by" no que é o conxunto xeral da poboación, condicionado por ese efecto da quincena seguinte ao festivo.
Os novos gromos en residencias tampouco invitan ao optimismo...
Temos que entender que as residencias non son lugares inmunes, e a poboación é enormemente vulnerable e sensible. Canta máis circulación haxa do virus na comunidade, máis riscos hai nas residencias. Os centros están bastante blindados, pero é certo que os traballadores, os provedores, teñen que entrar. Non son burbullas, e a xente que entra e sae, sen querer, pode traer o virus como portadores asintomáticos.
Convén mellorar os protocolos de seguridade?
Debemos seguir extremando as medidas, mellorar os protocolos existentes e a súa aplicación para minimizar riscos. Seguiremos traballando nesa liña, axustando os procedementos.
Como xa ocorreu cos contaxios en Os Gozos, espérase un incremento de hospitalizados no CHUO, derivado da situación dos centros de maiores?
Tal cal. Levamos días contendo e incluso reducindo o número de pacientes hospitalizados, pero estamos preparados a nivel interno para atender un alto número de persoas. O equipo covid da área sanitaria está traballando directamente cos profesionais das residencias, coa idea de actuar xa, de medicar aqueles pacientes que así o requiren, de proporcionarlle o soporte dentro dos centros e evidentemente, cando esta asistencia que se dispensa é insuficiente, os pacientes serán atendidos no CHUO con todas as garantías, coma o resto dos pacientes.
Os ingresos por covid reducíronse levemente nos últimos días.
Pero estamos a falar igualmente dun gran volume de cifras, que nos amosan que non estamos facendo as cousas ben. Hai máis de 1.400 persoas contaxiadas, máis de 220 falecidos... Son cifras máis que suficientes para chamar á responsabilidade individual.
Aínda falta concienciación?
A xente cumpre as medidas maioritariamente, pero hai que facer autocrítica e evitar a relaxación. Este é un virus moi despiadado, e non por ser máis novo non che pasa nada. Temos exemplos de xente moi nova na UCI.
O toque de queda imposto, pode funcionar?
Ogallá que si. Creo que todas as medidas están dirixidas a mellorar a situación, haberá que velo e evalualo nas próximas semanas. Ogallá vexamos unha redución do número de casos, como ocorreu nos meses do confinamento, en marzo e abril.
Polo de agora, non se confina a mobilidade.
O certo é que a situación de Galicia é menos mala ca do resto de comunidades, o que non quere dicir que cambie no futuro e haxa que tomar outras medidas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Noche accidentada en Ourense: un herido en una colisión y un atropello a un jabalí
LA MÁS POBRE DE GALICIA
Cae la pobreza en Ourense, pero aún castiga a uno de cada cinco hogares
EN MÍNIMO HISTÓRICO
Solo una de cada tres familias ourensanas tira de la huerta para ahorrar
Lo último
BALANCE DE FIN DE AÑO
Ourense recibió el nuevo año entre música y protestas
UNA CITA TRADICIONAL
Galería | Costiña de Canedo, el deportivo recibimiento del año