CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
Luca Chao asina o libro “Feminismo en cen palabras”, no que debulla un cento de conceptos básicos sobre o movemento. Recentemente presentou o seu traballo na cidade, nun encontro no espazo Nobel no que a acompañaron -di que é “un orgullo”- tres autoras ourensás, Ánxeles Cuña, Paloma de Toro e Alba Guzmán.
Que se pode atopar o lector?
Trátase dun libro de iniciación. A idea é que sirva de entrada ó pensamento feminista a alguén que nunca se aproximara. Propoñemos facelo a través de cen conceptos fundamentais dunha forma amena e didáctica.
A pesar do gran esforzo de divulgación, segue malinterpretándose o que é o feminismo.
Si, absolutamente. Para min, ese é un dos motivos máis importantes que me levaron a escribir este libro. Para desmontar de forma radical o de que o feminismo é algo contrario ó machismo, coma se foran os dous puntos da mesma cousa. Precisamente, unha das palabras clave do dicionario é a propia definición do feminismo, que non é outra cousa que a crenza na igualdade entre mulleres e homes. Entendo que debería ser un obxectivo compartido por todas as persoas, e debería alertarnos ante calquera que diga con moita contundencia que non é feminista.
Como escolleu os conceptos?
Foi o máis bonito de todo o proceso. A idea tívena dando clase no mestrado de Igualdade da Universidade de Santiago. Propúxenlle ás miñas alumnas que puidésemos armar un dicionario feminista de forma colectiva. Fixémolo cunha tormenta de ideas e ó modo clásico, a profesora cun xiz no encerado, sumando moitas palabras, ata ver cales eran as cen nas que máis coincidiamos.
Como encara o feminismo galego o vindeiro 8 de marzo?
Cunha urxencia democrática. Son moi optimista respecto á sociedade, os avances que se produciron nos últimos anos son impecables. Pero isto vai na dirección contraria do que acontece na esfera pública. Dende a irrupción da extrema dereita no Congreso, preténdese normalizar que se cuestione a existencia da violencia machista, mesmo dicindo que é un invento ideolóxico e ignorando que haxa 1.191 mulleres mortas dende 2003. Creo que o feminismo afronta a data coa necesidade de recordar que os avances non son terreo conquistado. Están en permanente debate, e urxe recordar as múltiples fendas que seguen existindo entre homes e mulleres, no eido laboral, no dos coidados...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
Lo último