GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
Entrevista
A pasión de musicar poemas de José Luis Fernández Carnicero segue intacta e aínda descobre novas facetas de literatos galegos. Este profesor de música ourensán presenta hoxe ás 20,00 horas no Liceo o seu novo libro-disco "Cantando a Carvalho Calero", pezas sobre a vida e a dor ou sobre Deus, entre outros temas. O grupo Augalevada interpretará cinco poemas da publicación.
Poñer música a Carvalho Calero será un reto...
O que me chamou a atención foi a temática. Descubrín a parte máis transcendente de Calvalho Calero, como os temas bíblicos ou a dor da vida.
Precisamente vostede é especialista en biblias. Por que?
Son un estudoso, non me considero especialista. Pero son lector e dedicado ao que foi a vida de todos os grupos protestantes na cidade.
Son temas transcendentais, como para abordalos coa música?
O reto foi descubrir esa faceta de poeta de Carvalho Calero. Quedei sorprendido da ampla cultura que tiña. Ten un poema que fala de que calquera lugar é bo para morrer. Nel fala de Mary Joe cando morreu na illa de Chappaquiddick. Tiven que buscar quen era!
Con que poema se sinte máis identificado?
"No espello da auga". Cando me topei con este poema dixen: "Teño que poñer música a isto". É todo un estudo de teoloxía condensado nun só poema.
Como foi o proceso creativo?
Foi o disco que máis rápido fixen da miña vida.
A que soa?
A trovadores, a evocación.
A Galicia medieval?
Si, e é o que me din. Están nove colgados no Portal da Lingua Galega.
É profesor e ensina este tipo de proxectos aos nenos. Como reaccionan?
A música é tan universal que chega a case todo o mundo. Cómpre para crear unha sociedade mellor, por iso non pode estar dacordo coa política do concello que di que se vas a un concerto non vas a aprender nada. Cando vas noutros países, vas gratis e poñen unha bandexa que se enche porque a xente aprecia todo iso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
Iván Ares lidera La Nucía con varios pilotos muy igualados
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas