Fernando Dacosta: “O María Casares honra a todas as aulas de teatro universitarias galegas"

Fernando Dacosta es el director da Aula de Teatro Universitaria de Ourense

Publicado: 28 feb 2019 - 09:17 Actualizado: 01 mar 2019 - 08:58

Fernando Dacosta, director da Aula de Teatro Universitaria de Ourense  (XESÚS FARIÑAS).
Fernando Dacosta, director da Aula de Teatro Universitaria de Ourense (XESÚS FARIÑAS).

A Aula de Teatro Universitario de Ourense está de noraboa. Os premios María Casares, entregados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, homenaxean neste 2019 a labor da aula ourensá, creada no ano 1991 e dirixida pola compañía Sarabela. Fernando Dacosta, o seu director, asegura que recoller un galardón de honra os fai sentir "un pouco maiores", pero tamén "moi contentos" do recoñecemento que supón para a súa labor profesional. Ademais da labor docente, a agrupación ocúpase de organizar a Mostra de Teatro Infantil de Ourense (Moti) e a Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu).

Supón un impulso este María Casares?

Agardamos que o premio sirva para continuar co noso traballo e para que as obras da aula sigan tendo funcións. O María Casares é o premio máis prestixioso do país e claro que supón un impulso para nós e para a cidade, porque nos sentimos moi apoiados pola sociedade. Ogallá as administracións tamén fagan esa lectura. É unha forma de recoñecer o traballo do resto das aulas galegas, eramos un referente e moitas tiveron que pechar.

A Aula leva case 30 anos en funcionamento.

Comezou no ano 1991 con Ánxeles Cuña, que despois me cedeu o posto no ano 95. O premio tamén vai dirixido a todos os que participaron: máis de 600 persoas nas montaxes, máis as que se formaron en curso, os que participaron doutra forma... O que queremos é lograr o coñecemento do teatro e mediante el o amor polo teatro, que se convirtan en espectadores. Pero ademais, hai bastantes actrices e actores que están a traballar no teatro galego e no audiovisual, o que é un estímulo.

Que niveis hai dentro da agrupación?

Tres. Rosaura, que é traballo de rúa, Cordelia, por escenas, e Maricastaña, onde se fai unha obra concreta. Ademais, temos unha aula de teatro infantil, unha peculiaridade única na Península Ibérica.

Cantos meses leva preparar unha peza teatral?

Unha obra que se estrena en marzo comézase en outubro. Ao principio faise traballo de desinhibición corporal, proxección da voz, relación entre actores... Tras o curso de formación, comezamos con improvisacións do que vai ser a obra e comézase a configurar o texto. Logo aparece o espazo, a luz, o soporte sonoro, o vestiario... Todo iso require duns profesional detrás dos alumnos universitarios.

Que se pode adiantar da obra que se estreará en maio?

Titúlase "Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse", está escrita por min inspirándome en textos de Daniel Pennac. Hai humor, pero tamén ingredientes policíacos, hai unha reflexión sobre a especulación, a medicación a que está sometida a sociedade, o tratamento aos nosos maiores... Sempre nos gusta que esté contando algo importante para a sociedade.

E da Miteu?

Si, coma sempre. Agora mesmo estamos pechando o cartel, pero xa podemos adiantar que será do 25 de abril ata o 11 de maio. Van a vir pezas moi interesantes de lugares moi variados. Ás veces gustaríanos pechar todo con máis tempo, pero estamos esperando a resposta de determinadas administracións para non meter a pata. Veñen 28 compañías, organízanse cursos, charlas, necesítase moi tempo de preparación.

Qué supón para a cidade?

Pois pasan por aquí cerca de 300 representantes e algo que revirte na propia cidade (hostelería, imprenta, axencias de viaxe...). Nese senso, a cultura ten que ser un motor económico. A pequena escala quizais respecto a outras actividades, pero si ten a súa importancia para Ourense.

Contenido patrocinado

stats