Festas populares e música “made in Galicia” na Xoldra de Aguiar
Festas populares e música, esa é a combinación que ofrece o festival “Xoldra de Aguiar”, que foi presentado onte. No acto de presentación participaron o vicepresidente de Deputación, César Fernández, o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor. O evento, que se celebrará o 30 de xullo nos Gozos, no concello de Pereiro de Aguiar, ten como principal obxectivo a posta en valor do rural coa cultura das festas populares como instrumento catalizador dun evento musical durante o día, desde a sesión vermú ata a noite, ademais de contar con programación infantil.
Trátase dunha iniciativa patrocinada por Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación de Ourense e do concello do Pereiro, onde a convivencia, a música e o bo ambiente serán os protagonistas dunha xornada na que os veciños poderán gozar dun evento no rural, ao aire libre, das actuacións dos grupos galegos “Lamtumbá”, “Os do Fuelle” e “Brinkadelia”. Tamén a gastronomía, que forma unha parte esencial de calquera evento destas características, terá presenza cun posto de polbo e comida tradicional galega, así como grupos de animación para nenos e nenas.
O prezo das entradas, á venda en Ataquilla.com, teñen un prezo individual de 15 euros, dos que 5 euros destinaranse ao Banco de Alimentos do Concello de Pereiro de Aguiar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NO ES UN HECHO AISLADO
Cae con 80 gramos de cocaína a los 4 días de una condena por drogas en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
Ourense suma 2.600 nuevos casos de cáncer en el último año
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 5 de febrero
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Café con Amancio Ortega en Zara
Juzgado por robar, redimido por curar
Breixo, de reincidente por la heroína a monitor terapéutico que ayuda a otros a desengancharse en Ourense