Festas de San Lourenzo de Piñor na honra de San Benito de Cova do Lobo: programa e horarios

FESTAS

Consulta os horarios dos actos relixiosos das festas en Barbadás na honra de San Benito de Cova do Lobo. Estarán abertos varios postos ambulantes e zonas para xantar polbo e carne ao caldeiro

F.D.
Publicado: 10 jul 2024 - 13:06 Actualizado: 11 jul 2024 - 17:34
Varios fieis portando a imaxe de San Benito en Cova do Lobo.
Varios fieis portando a imaxe de San Benito en Cova do Lobo.

Unha das festas máis importantes da provincia está a piques de comezar. O festexo de San Benito este xoves día 11 congregará a un bo número de fieis na parroquia de San Lourenzo de Piñor en honra a San Benito de Cova de Lobo.

É unha das romarías máis concurridas da contorna da cidade de Ourense, e unha das citas fixas do verán para os fieis da zona de Barbadás. As novenas comezaron o día 2, e na festa deste xoves haberá, como tódolos anos, unha carpa cos colaboradores con postos de venda ambulante, con carne ao caldeiro e polbo.

Haberá misas cada hora dende ás 06,00 ata ás 13,00 horas. A tarde tamén haberá oficios relixiosos ás 19,00 horas, ás 20,00 horas e ás 21,00 horas. A igrexa contará con varios párrocos colaboradores colaboradores, e a romaría contará tamén servicios de prevención e Protección Civil.

Todo está preparado para as misas maís multitudinarias, as que van dende ás 11,00 ata antes do xantar, e según datos de Protección Civil de otras edicións a romaría de Cova de Lobo chega a xuntar nas súas horas centrais a máis de 5.000 persoas.

Na contorna de Cova de Lobo hai lugares espectaculares para ver panorámicas de Ourense, como a subida a Cruz Alta para ver a cidade. Os máis fieis son moi madrugadores, xa que e son moitos os ourensans que chegan a honrar a San Benito sobre ás 05,00 horas, quedándose ademáis a disfrutar da xornada nos postos gastronómicos e compartir esa data con amigos e veciños.

Bendición de coches

Este domingo 14, como xa é tradición o primeiro domingo despois da festividade de San Benito, terá lugar a bendición dos coches ás 20,00 horas, unha misa na que son bendecidos os vehículos que estén preto da igrexa.

O Tangaraño, tradición ligada as curacións do San Benito

Penedo do Tangaraño, en Barbadás.
Penedo do Tangaraño, en Barbadás.

No monte de San Benito de Cova do Lobo hai un penedo que serve de miradoiro sobre a cidade de Ourense e que é moi visitado durante a romaría: O Tangaraño. Un xigantesco penedo, bolo granítico de moitos metros de diámetro asentado encima doutras pedras, de maneira que se pode pasar por debaixo dil agachado. Dentro nun hai unha pequena cavidade no penedo que sempre está chea de auga. e adxudícaselle propiedades curadoiras, sobre todo para enfermidades da pel: as verrugas, tumores, feridas e raquitismo dos nenos (enfermidade coñecida como tangaraño). e dicir, moi relacionado coas propiedades curativas otorgadas a San Benito.

Conta a tradición que aos nenos entangarañados teñen que pasalos tres mulleres polo burato do Penedo de Tangaraño. Quítanlle a roupa vella e pásano de fóra a dentro do penedo por riba do charco de auga. Logo visten ao neno con roupa nova, abandoando alí as que levaba postas, facendo tiras coa roupa vella e deixándoa atada nas ramas de camiño ao templo.

Contenido patrocinado

stats