EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Audiovisual
“Eles transportan a morte”, ese é o título da película rodada en Ourense que se estreou onte para a crítica e debuta hoxe ante o público ás 19,30 na Sala Astra 1 do Festival Internacional de Cine de Venecia e na 36ª Semana da Crítica. Este filme, integramente en galego, está dirixido pola galega Helena Girón e o canario Samuel M. Delgado, e está gravada entre varios puntos da provincia, xunto con Tenerife. Ademais, tamén estará presente no Festival Internacional de Cine de San Sebastián.
Parte do filme foi rodado na Baixa Limia, onde a natureza e a arqueoloxía transportan ao espectador a 1492, ano no que se descubriu América. A sinopse conta como entre a tripulación de Cristóbal Colón viaxan tres homes que xa deberían estar mortos. Evitaron as súas condenas participando nesa incerta viaxe, pero ao chegar ás Illas Canarias, foxen cargados cunha das velas da embarcación. Nese tempo, no Vello Mundo, unha muller trata de salvar á súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axudala. Ámbalas dúas viaxes tratan de esquivar á morte.
Helena Girón y Samuel M. Delgado.
“O reto principal para nós era a creación de referentes fóra da historia oficial, as persoas aplastadas polo relato histórico”, explicaba Delgado, un relato filtrado “pola man letrada e eclesiástica”. Ademais, a data de 1492 interesoulles pola potencia simbólica: “É un mito de onde parte a Idade Moderna”, subliña Girón.
Girón e Delgado, nunha entrevista no suplemento Vida o 29 de agosto, sentíanse “moi contentos e intrigados” por saber como acollerá o público o seu traballo. “Queremos saber que sentimentos xera e esperta”, aseguraban. Esta película é “o culmen dunha temática que comezamos a tratar hai tempo coas curtas, e ser seleccionados é todo un orgullo”.
A Baixa Limia e a Serra do Suido foron os escenarios elixidos na provincia, algo que se debe á “fermosura de espazos coma Lobios, Bande, Entrimo e os chousos da Serra do Suído”. “Estes espazos contan con moitos vestixios arqueolóxicos que nos transportan visualmente a diferentes épocas, ademais de que axuda a fuxir da imaxe típica da Galicia verde, con paisaxes agrestes, pedregosas e de mato baixo”, confesaban. “Ourense está ateigado de enclaves con historias. É un espazo moi dinámico e heteroxéneo, onde existen cambios radicais na paisaxe en pouca distancia”, contan os directores.
Girón e Delgado recomendan este filme porque “ten moito que ver coa morte dos nosos seres queridos e da idea dos recordos que albergamos deles. Do medo a descubrir en que nos convertiremos unha vez desaparezan. Ese proceso tan doloroso de dó que todo o transforma, e que á vez ten tanto que ver co amor, que é o que sostén a memoria”.
A riqueza paisaxística de Ourense convírtea no plató perfecto para a rodaxe de películas. A diversidade entre paisaxes naturais, antigas rúas e monumentos son un atractivo para moitos directores, tanto galegos como de fóra da comunidade. Ademais, para os escenarios, estase a convertir nun atractivo turístico para amantes do cinema ou para calquera persoa que queira coñecer onde se gravou a súa película ou serie favorita. Algunhas das películas máis recoñecidas que se filmaron en Ourense nos últimos tempos son:
Elisa y Marcela (2019). Esta película de Isabel Coixet e producida por Netflix visitou tres puntos da provincia: o mosteiro de San Salvador de Celanova, onde se recreou a escola de mestras da Coruña; Pazos de Arenteiro e Moldes, no concello de Boborás.
El desorden que dejas (2020). Celanova, Bande, Ribadavia e a Ribeira Sacra son os puntos que visitou a miniserie de Netflix do guionista celanovés Carlos Montero.
Cuñados (2021). A comedia galega de recente estrea fai un percorrido pola gastronomía, cultura e paisaxes da cidade, aínda que aparecen outros puntos como O Ribeiro ou Allariz.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último