UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
Daniel, Carlos, Gael, Laura e Santiago son uns cracks da robótica. Estes alumnos de 3º da ESO do Colexio Divino Maestro de Ourense veñen de gañar o Concurso Galego de Robótica “A maxia da robótica”, promovido pola plataforma Igaciencia para impulsar o galego na ciencia. Os cinco rapaces, titorizados polo seu profesor de Tecnoloxía, Daniel, foron os mellores programando o seu robot de lego nun encontro celebrado na Coruña.
Os ourensáns acadaron o primeiro premio da edición número 14 dun concurso ao que se presentan centros educativos de toda Galicia. En total, 200 estudantes. No Divino Maestro non é a primeira vez que participan. Levan anos fomentando o uso da robótica nas clases. “É unha temática que lles motiva, levamos un robot á aula e poden probar cousas e van descubrindo a facelas. Os rapaces sinten esa curiosidade pola tecnoloxía”, explica o docente.
“Tiñamos que facer varios retos co robot, como facer que se movera, que xirase… Que seguise as ordes”, explica Gael, un dos galardoados. “Cada reto ía valendo puntos e pouco a pouco variaba a dificultade”, engade Laura, a única rapaza do equipo gañador.
“Estamos encantados de que os nosos alumnos puidesen coñecer o potencial da robótica e de que obtivesen este importante recoñecemento ó seu esforzo destes anos de traballo”, trasladan desde o Divino Maestro. Os 300 euros de premio para fomentar as habilidades tecnolóxicas e científicas xa están no colexio, co obxectivo de mellorar esta aprendizaxe tan práctica. Xa están pensando que facer cos cartos: invertir nun dron para seguir fomentando as habilidades tecnolóxicas aprendidas na aula.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria
La Región
Tiranías