MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
O X Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo), que se celebra no Museo da Olería de Niñodaguia ata o domingo 18, comezou no día de onte, permitindo achegar a centos de persoas o tradicional oficio dos oleiros.
Entre os participantes desta edición atópanse os cacharreiros de Niñodaguia Agustín Vázquez e Enrique Cabana, Olería do Batán (Baños de Molgas), Carlos San Claudio (Vigo), Antón Román (Gondomar) e Susana González (A Coruña); e en representación da olería portuguesa, os artesáns Carlos Lima e Xana Monteiro. A eles uníronse o telleiro O Buraco, o torneiro Adrián Pena (Vigo) e a cesteira Julia de la Cal (O Porriño).
A programación de actividades inclúe demostracións ao vivo e venda de pezas, así como visitas guiadas ao Museo da Olería de Niñodaguia, que se desenvolverán tamén hoxe e mañá en dúas quendas, ás 13,00 horas e ás 18,00 horas. O programa complétase coas actuacións de música tradicional. Onte foi a quenda de Xunquereteiras; hoxe sábado, actúan Os Trabazos, a partir das 20,00 horas.
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron na apertura do event, onde resaltarno o papel da olería tradicional na Artesanía de Galicia e a importancia do apoio institucional a este tipo de eventos monográficos que contribúen a manter, amosar e poñer en valor estes oficios artesanais.
O evento, organizado polo Concello de Xunqueira de Espadanedo, estase a consolidar como unha cita de referencia para o sector da olería e da cerámica, tras celebrar este ano a décima edición.
Fotos: José Paz
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
TRES DÉCADAS DE SERVICIO
Carballiño rinde homenaje al exjefe de la Policía Local
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Marruecos: ¿fiable y responsable?
PROFUNDA MODERNIZACIÓN
La base aérea Antela recibirá 4 millones para ampliar su capacidad operativa
José Ángel Vázquez Barquero
La Ribeira Sacra, una candidatura de Estado, un proyecto de país