MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CIENCIA
A maior feira científica de Galicia arranca a súa primeira xornada baixo o lema de “Neurociencia e saúde mental”, un tema que implica ao conxunto da poboación dende unha perspectiva que pretende achegar a ciencia e a tecnoloxía aos máis pequenos, dun xeito práctico e divertido. Nesta ocasión, o certame dirixido ao alumnado de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato, cumpre 20 anos de ciencia e innovación.
Durante tres días, os rapaces de toda a comunidade autónoma, así como doutros puntos do país como o País Vasco, Cataluña, Andalucía ou Canarias, participarán nas múltiples actividades organizadas pola feira e presentarán os seus proxectos que, como cada ano, competirán por un gran premio final ao que optan 115 traballos. Dende os seus primeiros pasos, Galiciencia vén de recibir a máis de 46.000 visitantes, que presentaron máis de 1.200 proxectos.
Só nesta edición, na que tamén se pode participar en liña, recibiranse a máis de 3.500 participantes que explicarán as súas propostas ao público visitante, ensinándolles os seus prototipos, experimentos e resultados. A feira contará tamén con actividades como obradoiros científicos, espectáculos de ciencia, concursos e ata un programa de radio, que culminarán coa final do desafío científico “Atrévete coa mente”. Unha proba na que alumnos de toda Galicia levan participando dende os últimos meses, resolvendo tres retos que abren a porta a unha derradeira fase que será o vindeiro xoves en formato presencial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
2019, SU PRIMERA GRANDE
Pogacar vuelve a La Vuelta siete años después y busca conquistar el maillot rojo
CUATRO MUNICIPIOS EN RIESGO
Alerta por riesgo de nube tóxica tras el incendio en una planta de residuos en Zamora