RIESGO DE INCENDIOS
Activada la alerta amarilla por calor en Ourense para este martes
En Garabelos, un pequeno núcleo de 30 habitantes do concello de Baltar, a seca leva todo o verán sendo a protagonista. Esta aldea bebe directamente dos mananciais que nacen na Serra do Larouco e, segundo explica Severino Fernández, que leva máis de 40 anos vivindo na aldea, “non recordo nada igual”. Levan semanas coa auga restrinxida entre as 09,00 e as 13,00 horas, aínda que “moitas veces, son as 10,30 horas e xa non temos nin pinga de auga”, explica Gema Rodríguez.
Para Rodríguez esta situación supón multitude de problemas. “Son a única que traballa fóra e marcho antes de que dean a auga e volvo despois, moitas veces non podo nin dar unha ducha”, indica. Tampouco puido instalar unha pequena piscina desmontable e vese obrigada a poñer a lavadora a primeira hora as fins de semana “para que non me quede a roupa a medio lavar”. Para cociñar, a solución que atoparon foi facer pequenos acopios durante o día.
Dolores Pan, outra veciña, vive “algo menos apurada” a extrema sequía que se ceba con este e outros núcleos do concello limiao xa que ten un pozo propio. “Se non tiveramos este pozo estabamos perdidos”, avisa. Todos os veciños apuntan que “non recordamos tan pouca auga nos mananciais, e o río está completamente seco; nunca se acorda unha escaseza coma esta”, conta Saturnino Castro. Pan tamén explica que “nos próximos días vannos traer dende o Concello unha cisterna de auga para asistirnos nas festas da próxima fin de semana”.
A situación é crítica na casa de Severino Fernández. Malia ter tamén pozo propio, este secou e estase a ver obrigado “a ducharme na casa do meu sogro”. Leva xa catro días a pouca auga que lle chega para “poder xuntar para poder ducharnos aínda que sexa, pero aínda non hai suficiente”.
Outro punto no que coinciden todos os veciños é na mala xestión por parte das diferentes administracións no coidado dos ríos. “A imaxe que dá o río, cos amieiros tirados polo cauce, é moi triste e tiñan que facer algo. Ademais, levaba máis de 40 anos sen secar e, se ben é certo que o cambio climático ten moito que ver, os humanos tamén temos moita culpa”, explica Fernández.
Agora o Concello porase mans á obra para cambiar o sistema da traída da auga. Actualmente existen multitude de traídas propias e sen ningún contador que contabilice o consumo. “Estamos tratando de unificar a rede e instalar contadores, ademais de insistir na concienciación, xa que hai veciños que continúan a facer un uso irresponsable da auga”, asegura o alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RIESGO DE INCENDIOS
Activada la alerta amarilla por calor en Ourense para este martes
APARCAMIENTO DE LAS TERMAS
Vídeo | Susto en Outariz al arder una autocaravana: "No contestaba nadie"
HELICOPTERO MEDICALIZADO
Un motorista en estado grave tras una colisión en Velle
Lo último
HEMEROTECA
Historia en 4 tiempos | Verano en Manzaneda
Itxu Díaz
Hacer un castillo de arena
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El eclipse al 99,99% no logrará que el día se convierta en noche
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El eclipse de sol solo será total en la mitad nororiental de Ourense