Este é un goberno de ocurrencias, de nula xestión e de despilfarro'
Hai case un ano que Rosendo Fernández exerce oposición 'enérxica e reivindicativa' no Concello de Ourense que, segundo el, vive inmerso na 'parálise total'.
Que balance faría do seu labor na oposición?
Deben ser os cidadáns os que o fagan, pero eu encóntrome satisfeito porque estamos controlando e fiscalizando a acción do goberno, que hai moito que facer porque estamos asistindo a unha parálise total do Concello.
A que se refire?
Os grandes proxectos de interese xeral están totalmente paralizados. Teño aquí o que hai un ano pregoaba o alcalde e todo está incumprido, algúns proxectos incluso están pendentes dende 2007: a redución a 30 días do pago ós proveedores, o tranvía, o mecanismo de votación a través de internet, o bulevar termal...
Pero aínda estamos no primeiro ano do mandato...
Si, pero estamos falando de temas nos que non se puxo nin a primeira intención e de que aínda non se resolveron os proxectos que viñan do 2007: o transporte metropolitano, o xardín botánico, a Casa da Mocidade e da Maxia seguen no recordo... O Plan Estratéxico Termal non se desenvolveu e éste, xunto co AVE, permitiría revitalizar a vida económica e social desta cidade. O momento actual do Concello é unha radiografía viva e actualizada do 2007 e se lle facemos unha resonancia magnética aínda vemos ese trípode de ocurrencias, despilfarro, nula xestión e agora teño que engadir mentiras.
Neste ano decidiuse o modelo da estación do AVE. En que lugar quedaría o PP ourensán se Fomento decidira seguir co de Foster, ó que vostedes se opuxeron?
O PP non se opuxo a ese proxecto, senón a un proxecto unilateral e socialista auspiciado polo alcalde de Ourense e polo goberno da cidade, aínda que polo BNG non. O PP continúa coa mesma tese que tiña, que é facer un estudio de viabilidade técnica e económica para soterrar a integración da alta velocidade, que resolvería de forma definitiva a cicatriz entre A Ponte e O Vinteún. Non queremos caprichos, como quixo levar adiante o alcalde, queremos consenso e que a integración da alta velocidade se faga nas mellores condicións posibles. Agora o alcalde, cando xa non ten a Zapatero, di que hai que consensuar. Tarde piou, cando esto podía estar resolto hai anos.
O consenso chegou co PERI das Burgas.
O 19 de setembro de 2011 pedín unha entrevista ó alcalde para dicirlle que nos proxectos estratéxicos contara connosco: o transporte metropolitano, o Plan Estratéxico Termal, o PERI das Burgas, San Francisco, xardín botánico, a estación depuradora... No único que nos pediu colaboración foi para o PERI das Burgas e as normas transitorias. Polo demais, ó alcalde o único que lle interesa é estar reivindicando, porque pensa máis no seu interese que no dos ourensáns e non bota man do PP. Pero que lle quede claro que eu me puxen o seu carón para os temas estratéxicos.
Este mandato estase a caracterizar pola crispación. Está satisfeito da relación entre goberno e oposición?
Non cabe dúbida de que estamos facendo unha oposición forte pero cando nos atopamos con obscurantismo, falta de transparencia, estannos toreando día si e outro tamén e temos unha concelleira como a de Urbanismo que nos despreza con non convocar xuntas de área comprenderá vostede que amables non podemos ser pero reivindicativos e fiscalizadores si, mal que lles pese.
O grupo de goberno practicamente coincide co do mandato anterior e non había esta tensión coa oposición. O grupo do PP non fiscalizaba ben daquela?
Será outra forma de levar a oposición. Nós somos reivindicativos. Farían oposición os nosos compañeiros, como non, pero nós notamos que dende 2007 a 2011 os proxectos estratéxicos seguen tan improductivos coma sempre e nós non podemos deixar pasar que continúen no esquecemento por non facer unha oposición máis forte. Cando revisamos que o que ía ser xardín botánico é un gran fraude e un gran timo para os ourensáns, que a estación de bombeo do Couto segue sen funcionar, que un spa que valeu un millón de euros leva ano e medio pechado, non podemos ser condescendentes. Temos que ser reivindicativos. O que non facemos é xudicializar a vida política, porque ese é o fracaso da política.
E non o farán con Montealegre a pesares das irregularidades das que falan?
Nós estamos facendo acción política e aínda esperamos que rectifiquen. Cando fun a última vez, vin que estaban prantando árbores, a pesar de que están certificados dende decembro. Polo tanto, claro que hai graves irregularidades pero nós esperamos que o solucionen. Certificaron e recepcionaron porque querían cobrar (a subvención) xa que acababa o prazo a finais de decembro. Agardamos que agora teñan os equipamentos que se certificaron no sitio onde teñen que estar.
Se vostede saíra alcalde, que tería feito con Montealegre?
Ó mellor, o que fixo Marta Arribas, pechalo. Como se inaugurou un xardín botánico sen auga e sen electricidade? Non queda outra que pechar mentras non se poida levar a cabo as obras que faltan. A partir de aí, abriríao segundo o obxectivo para o que foi creado, como xardín botánico, pero tamén lle explicaría ós ourensáns que houbo un goberno que mentiu descaradamente. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PLAYA DE L'ARRABASSADA
Dos menores mueren ahogados en una zona de rocas en Tarragona
BAJADA DE LOS CARBURANTES
La desescalada en Oriente Medio abarata el diésel y lo iguala ya a la gasolina en Galicia
VIDA OURENSANA
A adaptación do medio como factor da lonxevidade galega
IMPACTA UN DRON CON UNA MOTOCICLETA
Al menos cinco muertos en nuevos ataques israelíes en el sur del Líbano pese a la tregua