ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
O ourensán Aser Álvarez dirixe Arraianos Producións, equipo que realizou os documentais "De Carballo a Carvalho" e "Carvalho Calero sem fronteiras", para homenaxealo durante este ano 2020 adicado á súa figura. O proxecto complétase con "Algunha palabra para Don Ricardo", onde distintas personalidades conformaron uha definición coral de Calero, e un libro- CD que inclúe fotobiografía e a música de Moisés Quintas.
Carvalho foi novelista, ensaísta, filólogo, poeta... Álvarez considera que "é anormal que tardaran tanto tempo en adicarlle as Letras Galegas, pero, a pesar da pandemia, leváronse a cabo maís iniciativas e actividades arredor da figura de Calero que a moitos homenaxeados doutros anos. E isto ocorre porque a súa obra é inabarcable, insondable".
O seu desexo é "que a xente coñeza a historia deste home, que estivo preso e represaliado e a pesar diso foi o primeiro en moitísimas cousas: en escribir unha novela en galego despois da guerra, en ser catedrático en Lingua e Literatura Galegas pola USC, en facer unha gramática científica da nosa lingua... Sempre estivo na vangarda. Parece que viviu varias vidas en lugar de unha, e o seu compromiso manteuse intacto a pesar dos paus que sufriu", engade. As circunstancias non o pararon porque "foi un home infatigable. A súa é unha historia épica, de resistencia. A pesar de ter levado tanta labazada, sempre se ergueu de novo e nos convidou cos seus escritos a esperar contra toda esperanza".
Recoñece Álvarez que "sen decatarnos, mimetizámonos co propio personaxe, porque neste proxecto audiovisual non quixemos falar para eruditos senón para a xente nova, coa que Calero tiña especial vocación". De feito, celebra Álvarez, o autor ferrolán "convertiu o colexio Fingou nunha illa de innovación educativa dentro dun país en ditadura".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último
40KM/H CUANDO FALLE LZB
Iryo reclama en una carta protocolos más duros en la alta velocidad tras la tragedia de Urda