ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse este venres pola mañá ao IES Xesús Ferro Couselo para anunciar a licitación das obras de construción dunha pista cuberta conforme o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica na que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investirá 492.390,94 euros nun prazo de execución de tres meses.
O delegado territorial explicou que este contrato tramitarase polo procedemento aberto con tramitación urxente debido a que as obras deberán iniciarse á maior brevidade para interferir o mínimo posible no desenvolvemento da actividade docente e dispoñer das instalacións para o inicio do próximo curso.
Gabriel Alén incidiu na necesidade de ampliar a zona de uso exterior do IES Xesús Ferro Couselo de Ourense, creando unha pista cuberta con acceso tamén cuberto para un maior aproveitamento dos espazos exteriores do centro en todo tipo de condicións meteorolóxicas.
Para dar resposta a esta necesidade procederase á realización dun novo volume na zona máis baixa da parcela, onde actualmente existe unha vella pista de fútbol sen cubrir. Este volume constará dunha estrutura prefabricada de formigón, unha cuberta de paneis sandwich e un revestimento vertical de chapa galvanizada perforada, que resgarde pero ao mesmo tempo permita o paso da luz.
Gabriel Alén explicou que para permitir un acceso exterior cuberto á nova pista exterior, executarase unha pasarela sobre o chan existente que cubra mediante unha lousa de formigón armado o percorrido ata a pista.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último