EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Igrexas e capelas ourensás
Nacida como iniciativa filantrópica privada promovida por unha dona de bo corazón, Ángela Santamaría Abucín, co desexo de axudar aos nenos e nenas orfos dos obreiros habitantes no Concello de Ourense, ademais de servir posteriormente como acomodo para a súa sepultura, seu marido Isidoro Temes, maila súa tía, cobizou a idea de construír un templo, panteón e castelo, baixo a evocación do Santo Anxo 1.
Foi o coñecido arquitecto municipal e diocesano Daniel Vázquez Gulías Martínez o autor do deseño dos planos de tan magna construción tanto civil como relixiosa ergueita no barrio do Couto, iniciada no ano 1918 e inaugurada no 1925; para elo contou ca colaboración do mestre construtor Manuel Amor Fernández sendo a labor de cantería obra de Sergio Caride e Jesús Vidal en colaboración co mestre escultor e canteiro Cabanelas, sen esquecer por outra banda, a valiosa axuda prestada por parte dos mestres pontevedreses canteiros, Serafín Martínez e José Pintos, ao que se sumou a estreita e estimada axuda decorativa aportada por parte do profesor Jesús Soria 2.
A igrexa, inspirada no estilo gótico oxival, segue as tendencias románicas nacionalistas iniciados en Inglaterra a medidos so século XIII, atopándose baixo a advocación do Santo Anxo. Componse dunha soa nave orientada de norte a sur cuberta por catro bóvedas de cruzaría, con clave ornamentada, apoiada sobre un feixes de columnas reforzadas cara o exterior mediante seis contrafortes e deambulatorio externo aberto. Na fachada principal ábrese a porta de acceso ao templo mediante un arco apuntado formado por catro arquivoltas, igualmente apuntadas; por arriba delas unha fornela alberga en pedra a figura alegórica do titular da igrexa. A alongada torre campanario posúe un reloxo circular continuando logo co propiamente campanario composto de catro ocos, todo el cuberto cunha apuntada cúpula formada por caras estriadas, rematando o conxunto cunha abundante decoración a base de altos pináculos triangulares.
O acceso ao presbiterio ou capela maior realízase a traveso dun arco triunfal igualmente apuntado belamente decorado con diversos motivos florais. Resulta igualmente interesante a decoración existente nos variados capiteis espallados pola igrexa decorados con escenas alegóricas ás virtudes. O altar maior carece de retablo mural substituído por tres trípticos en tela nos que se reflexa episodios da crucifixión de Cristo no Calvario, Sagrada Familia e San Ramón Nonato.
De estilo neogótico a capela recibe a iluminación mediante oito ventás neogóticas, neoplaterescas e prerrafaelistas multicolores elaboradas polo talleres Maumejean e deseñadas polo mestre Jesús Soria, distribuídas catro por cada lado da nave decoradas con debuxos representando as distintas alegorías: danza, poesía e literatura.
Tres son os impresionantes monumentos sepulcrais situados na cabeceira da igrexa; así no na parte dereita do presbiterio, no lado da Epístola, atópase o mausoleo de dona Dolores Santamarina Valcárcel, excelente traballo saído das mans do coñecido escultor Asorey, datado no ano 1922 e, na nave, o de Isidoro Temes Sáez, obra de Gabino Amaya, do ano 1923, ambos traballos de indubidable mérito artístico incluído dentro das mellores tallas da escultura funeraria góticas renacentistas galegas. Tamén, aínda que de menor interese, resulta destacable o mausoleo ca imaxe orante de dona Ángela Santamarina Abucín, obra do escultor Jacinto Higueras.
Resulta un tanto complexa a edificación relixiosa e un tanto contraditoria dada a utilización dunha linguaxe fragmentada e descontinua a pesares de atoparse as edificacións dentro do estilo ecléctico imperante na época, destacando sobre todo no exterior pola moda imperante nos anos vinte do pasado século.
(1) Hervella Vázquez, Juan Andrés.: “A Marquesa da Atalaya Bermeja” La Región do 23/02/2004.
(2) Varios autores.: “ O arquitecto Daniel Vázquez Gulías” Caixa Vigo e Ourense, 1998.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
problema de gestión
El PP exige suelo para más vivienda protegida en Ourense
EVENTO SOLIDARIO
Vilamartín dona veinte mil euros contra el cáncer de páncreas
Manuel Baltar
La guardia pedroriana