UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
Preto da capital de Ourense seguindo a estrada autonómica OU-536, a 3,5 quilómetros do punto de partida, atópase o desvío de acceso ó pobo de Ceboliño. Tras subir unha encostada, curvosa e estreita estrada chegamos ó obxectivo seleccionado para hoxe, a pequena igrexa de Bon Xesús, situada a carón da praza de Ceboliño, presidida por un sinxelo cruceiro barroco; preto del ten o seu asento a pequena pero bonita capela igrexa rural parroquial do pobo que, de seguido, tentarei describir.
O pintoresco pobo rural de Ceboliño fórmao unha pequena poboación asentada nun outeiro, afortunadamente en aumento, que destacou dende sempre pola súa ampla historia como o testemuña a presenza dun escudo nobiliario nunha casa preto da igrexa, escudo datado no século XVI, ademais de constituír a citada praza un extraordinario miradoiro sobre o cércano val do río Loña así como do bosque mediterráneo do seu entorno.
Accédese á sinxela capela a traveso dos restos dun cativo cemiterio destacando nela a fachada lisa de perpiaño rematada cunha espadana dun só oco con campá; dá remate á mesma un frontón triangular decorado con dous pináculos centrados por unha cruz.
O interior do sinxelo templo remodelado, fórmao unha soa nave rectangular accedendo ó presbiterio a traveso dun arco triunfal de medio punto en pedra, desgraciadamente este recuberto, por unha antiestética cubrición de mármore. Na parede do presbiterio, igualmente moi modificado seguindo as directrices emanadas do Concilio Vaticano II, atópanse as tallas modernas da Inmaculada, san José mailo titular da parroquia, un pequeno Nenos Xesús, datado no século XIX.
Tres son as fiestras rectangulares as encargadas de aportar a iluminación ó interior do templo á que se suma a da entrada. Resulta, cando menos curiosa, a presenza dunha pequena e decorada pía bautismal situada preto do interior da porta de acceso ó recinto relixioso.
Coordenadas
42º 20´24´5” N – 7º 49´33´ 9” W
Situación
Praza Praza do Ceboliño.
Construción
Século XVIII.
Características
Igrexa barroca sen estilo definitivo debido ás reformas sufridas.
Elementos destacados
Pía bautismal en forma de cuncha e casa parroquial situada a carón da igrexa.
Estado de conservación
Bo, lamentando a pouco afortunada remodelación que modificou a vella estrutura en pedra.
Información relixiosa
Culto cristián
Curiosidades
Conservase nun lateral da capela o desaparecido cemiterio infantil; preto da igrexa existe unha cun brasón na fachada no que se representa os caldeiros dos Puga.
Titularidade relixiosa
Sé diocese de Ourense.
Informante
Antonio García Salgado e veciños.
Párroco
Da igrexa da Asunción das Lagoas e Bon Xesús de Ceboliño: Manuel Rodicio Pozo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor