ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
LOITA CONTRA INCENDIOS
Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense informaron este martes do esclarecemento dun incendio forestal causado por mor dunha queima realizada pola persoa investigada por este lume ocorrido no municipio de Castro Caldelas.
Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta, o lume tivo lugar o 1 de xuño na parroquia de Camba, no municipio de Castro Caldelas, e afectou a unha superficie rasa de 0,02 hectáreas.
O incendio foi detectado por policías, os cales observaron arder matogueira de maneira descontrolada e puideron comprobar que o lume se orixinou, segundo explican as mesmas fontes, "a partir da queima que realizou o investigado, sen gardar as debidas precaucións á hora de facer este tipo de queimas".
A Vicepresidencia engade que na extinción deste lume participaron efectivos do servizo contra incendios da Xunta de Galicia. Por estes feitos foron tramitadas dilixencias remitidas ao xulgado de Instrución de garda de Pobra de Trives.
No que vai de ano xa son 42 as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último