OPERACIÓNES DE HASTA 30.000 EUROS
A juicio en Ourense acusados de vender coches de procedencia ilícita
EL TIEMPO
Un grupo investigador procedente das universidades de Santiago de Compostela e Toulouse (Francia) converterá a cidade de Ourense no foco dunha xornada de estudo sobre a adaptación das cidades á calor. Será unha iniciativa de entrada libre que se desenvolverá entre o 3 e o 6 de xuño na Biblioteca Pública Nós.
O propósito da Escola de Calor “Refuxios climáticos en Ourense?” -así se chama- é convidar a cidadanía a pensar sobre os modos de adaptación dos territorios e das formas de vida ás temperaturas derivadas da mudanza climática, segundo trasladan fontes da USC. Precisamente, a biblioteca converterase nun caso de estudo. Diagnosticarase o confort térmico do edificio. Ao mesmo tempo, “en diálogo cos principios da ciencia aberta”, din dende a USC, os investigadores abrirán as pesquisas á cidadanía “mediante un programa público e aberto de actividades orientadas á imaxinación colectiva dunha cidade en proceso de adaptación á calor”.
O programa desta Escola de Calor comezará o luns ás catro da tarde cunha serie de entrevistas cos usuarios da biblioteca na entrada do edificio. Repetiranse nas seguintes xornadas, xunto con “moitos outros obradoiros e sesións prácticas de interese para a cidadanía”. Nun plano máis estritamente teórico, “haberá varias mesas redondas sobre cambio climático e espazos cidadás ou saúde e calor extrema”, así como “conversas con entidades ambientalistas e da cultura”, explican dende a Universidade de Santiago.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OPERACIÓNES DE HASTA 30.000 EUROS
A juicio en Ourense acusados de vender coches de procedencia ilícita
ASESORAMIENTO EMPRESARIAL
El programa Conecta Ourense de la CEO prestó apoyo a 1.300 empresas
9LOUREO, MODELO Y CAPROS
Xoel López, entre las nuevas confirmaciones del Ouren Sound Fest 2027
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tres heridos tras una colisión entre dos vehículos en Esgos
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy viernes, 16 de octubre
ACAMPADA POR LA VIVIENDA
Madrid cierra la estación de Metro de Sol por problemas de salubridad