JOSÉ LUIS BALTAR PUMAR: 'Voume porque quero, se preferise quedar pouco me importaría o que dixeran outros'
Presidente da Deputación de Ourense
José Luis Baltar Pumar pecha hoxe na Deputación unha amplísima etapa de 22 anos na presidencia e máis 44 na vida política ourensá. Vaise pero marcando o camiño polo que deberá continuar a institución, que non é outro que poñela en mans do seu fillo, Manuel Baltar, por moito que un e outro resístanse a confirmar o que é un segredo a voces. De feito, acaba por recoñecer coas súas respostas que a estratexia da sucesión estaba fixada dende hai meses, moitos meses, só faltaba atopar o momento oportuno.
Realmente, pediulle Feijóo que quedara máis tempo, como xa llo prantexou cando renunciou á presidencia do partido?
Non, porque xa Manuel (Baltar) falara con el e xa quedáramos en que eu me iba; en outono non foi posible porque estaban convocadas as eleccións xerais. Agora é unha boa época, co presuposto da Deputación para este ano aprobado e cun adianto das eleccións autonómicas que non será ata outubro ou novembro.
O seu electorado pódese sentir enganado pola súa renuncia só seis meses despois de ser elixido presidente?
Non porque, aínda que o PP falou de que eu era o candidato á Deputación, realmente vótanse as listas ás municipais. Que se pode buscar a lectura de que foi un fraude ó electorado? Bueno, pódese, pero eu non lle dou esa importancia.
Si. A ver se me entende, ó tratarse dun fillo tódalas demáis variables quedan oscurecidas. Pódeme dicir calquera que esto non é ético ou moi vendible, igual que cando quedou de presidente do partido; pero pódeme máis o que meu fillo necesite e queira ser, para que eu o axude e poña da miña parte todo o posible. Se eu tratara de meter ó meu fillo aínda que non servira para nada, entón si que estaría a facerlle un flaco servicio ó PP. Pero non e así, e teno demostrado. Que os hai máis intelixentes? Por suposto, pero tamén os hai peores.
O meu paraugas estao a perxudicar porque se necesita que el empece a traballar para ver a súa xestión. Que non pense todo o mundo que o que segue movendo os fíos é o pai. Por eso eu, a partires de mañá (por hoxe), non quero volver pisar o Pazo provincial. Hai que darlle responsabilidade e que demostre o que vale. Esto ten un período e o xulgará o pobo.
Non me consta que ninguén deles se postulase para a presidencia, e direille que foi moi fácil falar cos nosos deputados. Sei ós que teño no grupo.
Capacidade de traballo e cercanía, por eso insisto en que eu estou cos de abaixo, non cos de enriba. Confésolle unha cousa: eu non sería presidente da Deputación se os alcaldes non me apoiaran. A outros que optaron á presidencia cando se foi Victorino Núñez para Santiago, como Cid Harguindey, Isaac Vila ou Gabino García, falloulles eso. Tiñan o apoio do presidente pero non o dos alcaldes. Entón prantexamos unha reunión de rexidores, eu leveinos ó meu terreo e grazas a eso fun eu o presidente. Lémbrome incluso que Harguindey, do que fun gran amigo, xa encargara o traxe para a súa investidura e eu despois eu tomáballe o pelo e dicíalle: 'Pensei en mercarcho pero non me servía'.
Ben, e cre que o seu fillo ten esas capacidades para manterse? Ten que telas porque a xente está acostumada a que a atendan. Daquí non se pode escapar. Para facerse coa xente e cos alcaldes hai que estar as 24 horas dispoñible e se non é así, pode haber serias dificultades. Cando cambias para millor non hai problema, pero se o o fas para peor, eso non se vai entender.
Ó final vaise polas ambicións políticas do seu fillo? En absoluto. Que quede claro que non porque a min non hai quen me mande. Se eu non estivera dacordo en irme, pouco me importaría o que dixeran outros.
Non viñen á Deputación para concebir os rapaces de toda a provincia. Teño a que teño, pero a Deputación por si soa non pode levantar Ourense. Eu téño responsabilidade pero o PSOE e o BNG non? Se é así, eu voume agora e verá que pronto melloran a provincia. Hai que facer unha discriminación positiva; por que no reparto dos fondos do Estado é a que leva menos? Por que a Xunta non invirte máis? Por que aquel fondo de compensación concedido por Europa para Ourense ía para Pontevedra e A Coruña?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGUNDO FIN DE SEMANA
Galería | Ourense prolonga os magostos, en fotos
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
Lo último
ELECCIONES GENERALES
PP y Vox refuerzan su relato mientras la izquierda se pelea
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 18 de noviembre
40 SERVICIOS SUSPENDIDOS
Ourense sufre los efectos de la huelga ferroviaria con transbordos por carretera