Josu Santos, deseñador de Barbadás: "A moda quítame horas de sono; de momento, non podo vivir dela"
Entrevista ao deseñador Josu Santos, gañador do concurso das Palilleiras de Mos
Josu Santos, @yosuconjota na rede social Instagram, leva dende neno vivindo en Sobrado do Bispo (Barbadás) e, tamén dende neno, amosou un gran interese pola moda.
Recentemente foi galardoado no concurso de novos deseñadores que organiza a Asociación de Palilleiras de Mos e segue tendo claro que quere poder vivir da moda e o deseño. Ademais, xa foi finalista de varios concursos similares, como o que organizan as Palilleiras de Camariñas.
Como é tratar de vivir da moda en Ourense fóra das grandes marcas?
Complicado. O abano de posibilidades é reducido, polo que, salvo que sexa algo moi pasional e vocacional, acabas tirando a toalla. Si é certo que a famosa “BBC” (por vodas, bautizos e comuñóns) é o noso salvavidas. Sempre hai alguén que non atopa o que quere e ten unha idea fixa do que busca, que son os encargos que podes recibir. As oportunidades son moi escasas e veste obrigado a moverte moito e probar sorte alí onde poidas.
Son as vodas, bautizos e comuñóns a forma que tes de sobrevivir neste mundo? Os certames teñen un premio económico suficientemente atractivo?
Os premios son case simbólicos. No caso de Camariñas xa é algo máis atractivo a nivel económico, pero en Mos foi pequeno. Eu teño outro traballo, medianamente relacionado co mundo da moda, pero non é a miña vocación. Tes que ter un sustento económico ademais da moda e tratar de chegar a que o deseño sexa a túa forma de vida.
O que tratas é de profesionalizar unha afección.
O que me gustaría é que fose a miña profesión. Pero non podo vivir do aire.
Como empezaches a interesarte pola moda? Non é o habitual entre os nenos nados e criados no rural.
Nacín no País Vasco, pero levo dende os sete anos en Sobrado do Bispo. Non teño un punto claro no que che poida dicir: “Aquí empezou a gustarme a moda”. Si é certo que teño profesoras que me contan que sempre dixen que me gustaba e que me quería adicar a isto. Era co que se me notaba que me gustaba e que lle puña tempo e ganas. A moda é o que me quita horas de sono, ao que me dedico ao saír de traballar aínda que me gustaría máis deitarme a durmir. Pero claro, non podo vivir só dela.
Como foi dicir na casa que te querías dedicar á moda?
Son deses afortunados que non recibiu un “non” rotundo e sempre me sentín apoiado para experimentar naquelo que me chamaba a atención. Si é certo que, cando rematei o bacharelato e dixen na casa que quería estudar moda en San Sebastián, tiven que insistir moito e convencer moito para que se dese así. Con todo, tíñao moi claro e, cando tes as cousas claras, estas acaban saíndo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXVI)
Galería | La colección de un hombre que sabía mucho de aguas
GUÍA DE SUBVENCIONES
CEO y Xunta asesoran a empresas sobre ayudas públicas
Lo último
INNOVACIÓN Y TECNOLOGÍA
La soberanía tecnológica, un factor decisivo para la industria gallega
LA HUELLA DE LOS INCENDIOS
La Región y Telemiño emiten el reportaje "Lume. A loita de Yago"