EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
O delegado de Goberno de Galicia, Samuel Juárez, manifestou hoxe que podería haber "algunha conexión" nos últimos asaltos con forza rexistrados en vivendas do rural ourensán, que nalgúns casos, acabaron con persoas feridas.
Perante as preguntas dos informadores, asegurou que a Garda Civil "está traballando seriamente" para identificar e localizar os autores destes roubos con violencia, polo que confía en que "teñan froitos logo e esperemos que se resolva canto antes".
O último roubo destas características na provincia, ocorreu no pasado 16 de xullo, cando catro individuos asaltaron unha vivenda e agrediron un matrimonio no seu domicilio en Santo Estevo da Peroxa.
Neste sentido, o delegado de Goberno advertiu de que todos os roubos con forza en zonas do rural serán "perseguidos", por se tratar de delitos de especial sensibilidade, que teñen por tanto, dixo, "especial protección".
"Todo o que teña que ver con incursións coa vivenda preocupan especialmente", sinalou Juárez, quen considera que "pode haber algunha conexión entre as accións", aínda que descartou ofrecer máis datos até que non estiver pechada a investigación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último