EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” axudou na súa segunda convocatoria a internacionalizar a tres empresas ourensanas. As beneficiarias foron Humanas de Barbadás, H. Paniagua do Carballiño e BiG Formación en San Cibrao das Viñas. O obxectivo desta colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica e o Parque Tecnolóxico de Galicia era que 30 pemes de base tecnolóxica de toda a comunidade traballasen na saída ao exterior e tamén, na consolidación internacional das que xa tiñan experiencia neste eido. Deste xeito, segundo apuntan os datos da Xunta, a convocatoria “axudoulles a abrirlles novos mercados ou acceso a novos segmentos de clientes”. Por outra parte, o programa procurou mellorar a súa estratexia comercial internacional, avanzouse na protección das súas marcas e deseños industriais ou intelectuais e na detección de posibles colaboracións con outras empresas.
Segundo a información aportada, a empresa Humanas é unha consultaría en saúde organizacional fundada no 2014 que procura coñecer o estado do seu persoal e a súa implicación no proxecto profesional. Os seus primeiros clientes foron empresas estranxeiras do norte de Europa e Latinoamérica. Tras o seu paso polo programa, comezan a ubicarse en territorio costarriqueño.
Pola súa parte, BiG Formación adicase á consultaría e a formación no ámbito da saúde, o sociosanitario e as TIC. A súa base está no Parque Tecnolóxico de Galicia e a pesar de ter éxito no mercado autonómico e nacional, co impulso de “Galicia Avanza” conseguiu abrir novas vías de negocio no mercado latinoamericano. En particular, en México e Colombia.
Finalmente, H. Paniagua é unha destilería con máis de 140 anos de historia adicada á elaboración e comercialización de destilados, cremas e licores en Galicia. A empresa exporta puntualmente a Alemaña, Suíza e Venezuela, ademais dalgunha incursión nos Estados Unidos. Coa axuda do programa lograron reforzar e ampliar a súa presenza internacional coa súa marca de licores e cremas “La Pócima”. Unha liña con variedade de sabores .
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio