EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
"Dende ferreiro, ata dentista, pasando por reloxeiro, veterinario, ebanista, poceiro e torneiro”. Manuel Fernández Fernández (1906-1997), O Lebre das Casarizas, “foi un home adiantado ó seu tempo”. Así o relata José Manuel Rodríguez, teniente alcalde do Concello da Peroxa, desde o museo que acaban de abrir. O lebre fixo do seu municipio, e de outros moitos de arredores, un laboratorio vivo durante máis de 80 anos. Por iso, e coñecendo a cantidade de aparellos que este home ideou, dende o Concello contactaron coa familia para montar un museo e poder ensinarlle ó mundo o que foi e o que significou para a Galicia rural do século XX.
“O museo está listo para ensinar. Estamos buscando un guía turístico, namentres facemos mostras para grupos escolares e asociacións”, di Rodríguez con ilusión. Asegura ademais, que xa empezan a estar solicitados: “Queremos promocionalo para máis excursións de fin de curso e empezar a pechar setembro”. E non é para menos porque aparte dos seus inventos, “O lebre era unha persoa moi querida, educada e emprendedora”. O edil compárao mesmo con grandes pensadores da historia: “Un Da Vinci, un Julio Verne”.
Dende o goberno local móstranse moi agradecidos coa familia coa que levaban tempo intentando poñer en marcha o proxecto. “Falamos durante anos coa filla e a neta, por si nos cedían as pezas. Finalmente conseguímolo, e agora moitas están expostas e outras, estamos trantado de recuperalas”.
“Meu avó non foi un avó ó uso, tiven un avó distinto”, explica súa neta, Concha Rey Fernández, que agora ten 60 anos. “Era un home moi peculiar. Tiña don de xentes, gústaballe relacionarse cos veciños, pero era un home cheo de manías”. A descendente destaca que para ela “é obvio que tiña un coeficiente intelectual moi elevado, porque para fabricar as máquinas, primeiro tivo que desenvolver el só todas as ferramentas que empregou na súa construcción”. É dicir, “para facer a máquina de mallar, primeiro tivo que construir o seu taller artesanalmente, ten o doble de mérito”.
Aínda así, o artiluxio favorito da neta do Lebre, non era esta máquina que, según ela, “se fixo famosa porque axudou a moitísima xente doutros pobos, chegaba con ela ata Verín”. Se puidera conservar algunha, Concha di que sería “o torno das moas”, un aparello “que era exactamente igual ós que empregan os dentistas na actualidade”. Sacouno dunha roda de bicicleta, “era manual e despois fíxoo eléctrico”, afirma Rey.
En canto ó persoal, a neta explica que o home “tivo dúas estapas distintas”. Unha primeira, “a etapa creativa, onde se rodeaba de todo o mundo” e xa despois, de maior, era menos activo. O cal non quere dicir que non fose sociable: “Recordo as ceas na miña casa, sempre acababan bailando e cantando, non xogando as cartas. Era un home moi alegre, tiña unha gaita e tocaba cos seus irmáns”.
O nome do Lebre herdouno da súa nai. Conta a historia que era moi alta e chamaba a atención nos tempos que eran. Ao quedar cos mozos nas romerías, era máis lista ca eles, e lles xogaba malas pasadas. Cando os rapaces se xuntaban e comentaban que quedaran coa mesma moza enganados, dicían “escapóusenos a lebre”.
Pero houbo un tempo, nos comezos de xove inventor, no que o apodo carecía de boas connotacións: “O lebre era o demo”. Explica Concha. A xente non entendía o que facía, e lle tiña medo. De feito, con 20 anos, casouse coa muller a escondidas, porque a familia dela non aprobaba o casamento. El sabía perfectamente a que se debía, e sempre rexeitou a ignorancia: “Para saber ou andar ou ler”, repetiríalle á neta toda a vida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último