MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
ENTREVISTA
A "nova normalidade" chega en forma de actuación para Ledicia Sola (Ourense, 1978). A primeira tras o confinamento. E na súa cidade. Ganas e nervios mézclanse a partes iguais antes de representar o seu monólogo "Divina" no centro comercial Ponte Vella, mañá as 21,00 horas. Un texto propio, con moito de autobiográfico e que non se centra na pandemia, aínda que tampouco a evita.
Isto é practicamente un reinicio. Unha volta a empezar.
Completamente. E un mundo novo, un escenario diferente. No meu caso é a primeira actuación despois do confinamento e hai que recolocar todo. Será unha experiencia persoal, gardar as distancias, a utilización de mascarilla... pero hai ganas, miñas e do público. Nervos e gañas a partes iguais.
Nota esas bolboretas previas a pisar o escenario?
Estou moi nerviosa. É que vai ser raro, nunca fixen unha actuación así. E tocóume en Ourense, na miña cidade, e se nota máis. O que quero é pasar un bo rato coa xente, que me coñezcan a un nivel máis persoal e que todos esquezamos as penas.
Que se atopará o público con “Divina"?
Sempre hai unha parte que é de improvisación. O texto o levo tempo facendo pero en cada actuación modifícanse cousas. É un formato moi vivo. Non vou a falar da pandemia, pero non a podo obviar. O público non verá a Ledicia actriz, verá un aspecto máis persoal. Con anécdotas reais e a miña maneira de pensar e ver o mundo. E senón fago gracia, polo menos pasamos un bo rato. É un intercambio.
Como está a saír a cultura de esta situación? Aparecen proxectos novos?
Pouco a pouco, vai moi lento. Proxectos hai moitos pero custa arrancalos. As medidas condicionan moito a forma de traballar. Estamos a ver todos a forma de poder facelo da mellor maneira posible. Pero notas na sociedade que hai ganas de ficción e de espectáculos en directo. Eu son optimista porque a cultura existiu sempre, a pesar das diferentes crisis. Sempre está en crisis. Pero aguantamos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas