TRABAJADORES EN EL SECTOR PRIMARIO
El campo en Ourense se vacía: las afiliaciones de ganaderos y agricultores tocan fondo
Celia Díaz Núñez (O Páramo, Lugo, 1961) debuta no relato curto co libro "Corte e confección" (editorial Galaxia), pequenas historias sobre preocupacións actuais que fía cunha comparación: a de escribir e a de coser. No fondo, é unha homenaxe á memoria do seu pai, xastre de profesión. A autora, que escribiu varias novelas e gañou en dúas ocasións o premio Pura e Dora Vázquez, defende a escrita en galego, a súa lingua, a mesma que ensina como docente en Ourense. Hoxe ás 19,30 horas presenta o libro no Espazo Nobel, acompañada da profesora Miriam González.
Que ten en común coser e escribir?
Escribir é un oficio que require moita dedicación. García Márquez comentaba que a tarefa de escritor era moi parecida á de carpinteiro, porque había que poñer moitos cravos. Como son filla de xastre, fixen as similitudes coa costura: para facer traxe necesitas unha tea bonita, na literatura un argumento interesante. O xastre utiliza moitas puntadas e o escritor é un artesán das palabras. A palabra relato ten moito que ver con retallo. Pequeniños textos, pequeniños detalles. Este libro adícoo á memoria de meu pai, que era xastre.
Son relatos de temas cotiás?
Son relatos de temas moi variados e actuais: violencia de xénero, explotación sexual das mulleres, soidade dos anciáns, abandono do rural, a beleza da paisaxe rural fronte á carencia de servizos...
É un libro pausado, de buscar as palabras exactas?
Eu é que son moi lenta escribindo! Procuro traballar moito as palabras. As puntadas. Son relatos fáciles de ler, algúns deles moi curtos. É a primeira vez que publico relatos, sempre escribín novela ou teatro.
Sendo docente, inflúe tocar os temas actuais que menciona?
Cando escribo para rapaces escribo de temas interesantes para eles. O último que escribín é un libro sobre os nenos migrantes, teñen que estar informados. Nos anteriores libros, temas máis fantásticos. Agora interésanme os temas dos que falas con eles en clase, coma estes, dos que teñen a súa opinión.
Perdeuse interese pola lectura nas aulas hoxe en día?
Hoxe os nenos teñen outras moitas maneiras onde divertirse, pero cando les en clase con eles e comentas libros nos clubes de lectura, ves que hai moito interese e nenos que son lectores e moi críticos.
Aposta pola escrita en lingua galega. Por que?
Porque o galego é a miña lingua. Se é a túa lingua, o normal é que escribas nela. Que se traduza despois, é outra cousa. É un gran de area para que haxa máis difusión da lingua.
Para que escribe?
Para min é divertido, evádeste. Cando estás cunha novela, vives nun mundo á parte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRABAJADORES EN EL SECTOR PRIMARIO
El campo en Ourense se vacía: las afiliaciones de ganaderos y agricultores tocan fondo
EXPORTACIONES A EEUU
El efecto "Trump" hace mella: caída del 12% en las ventas ourensanas a EEUU
Lo último
Fernando Ramos
El chavismo sigue intacto
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Bocadillos de Don Bosco en Ourense
"AMBICIÓN DIPLOMÁTICA"
Macron defiende que Europa se arme contra “el vasallaje”